A Biblioteca de Chapela pechará ao público do 7 ao 11 de Novembro

A Biblioteca de Chapela vén de poñer en coñecemento de todos os usuarios e usuarias que, por causas totalmente alleas ás bibliotecas municipais e tamén ao Concello de Redondela, o programa informático de xestión desta biblioteca, Proxecto Meiga, ven de sufrir desaxustes que é preciso corrixir para poder seguir dando o servizo adecuado no préstamo e na organización da colección.

Para solventar estes problemas e para poder desenvolver o servizo acorde coas necesidades dos usuarios e usuarias, a biblioteca pechará as súas portas do 7 ao 11 de novembro de cara a poder reinstalar dito programa e poder prestar o servizo ao longo desa semana.

Mentres duren os traballos, quedará habilitada un aula de lectura para eses días no Multiúsos de Chapela en horario, de luns a venres, de 16:30 h a 21:00 h.