Logo
Imprimir esta página

O Multiusos da Xunqueira acolle, o mércores, unha charla sobre compostaxe

O vindeiro mércores 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a charla sobre a compostaxe, iniciativa que correrá a cargo de persoal da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), e na que os presentes, que con anterioridade se inscribiron nesta actividade, recibirán un composteiro.

Os técnicos explicarán aos veciños e veciñas participantes os principios básicos da compostaxe e como utilizar os composteiros dos que lle farán entrega de cara a sacarlles o maior proveito posible.

Tamén con a compostaxe como denominador común, o día 19, ás 20 horas, a Casa da Cultura de Redondela acollerá outra charla sobre a posta en marcha dos composteiros comunitarios. Nesta ocasión tamén os veciños e veciñas que se adhiran ao proxecto, poderán recoller un caldeiros para recollida de materia orgánica.

O Goberno local de Redondela lembra que, cada ano, o Concello "está a asumir un custo adicional de máis dun millón de euros para cubrir o déficit que xera a xestión de residuos".

Os colectores para compostaxe son doados por SOGAMA. Os interesados e interesadas aínda poden anotarse chamando ao 986 400 300, teléfono do Departamento de Medio Ambiente ou enviando correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados