Comezan os traballos prácticos do taller de cantería do Obradoiro ‘Redondela Ecosostible II’

O Obradoiro de Emprego de Cantería, incluído dentro do proxecto global ‘Redondela Ecosostible II’, comezou xa a desenvolver os seus traballos prácticos en Pousadouro de cara a realizar os proxectos incluídos no mesmo e que permitirán dotar a Redondela de diversos elementos de mobiliario urbano, amais de outros elementos ornamentais para o municipio.

As actividades deste Obradoiro de Emprego, iniciábanse o pasado mes de setembro e rematarán na primeira semana de marzo do 2017. Durante ese período, o alumnado traballador combina a adquisición de coñecementos teóricos co desenvolvemento de traballos prácticos que lle permitan acadar unha experiencia profesional, contando ademáis, cun contrato de formación que lles permite contar cun salario.

Por outra banda, os traballos desenvolvidos permiten a realización de obras de utilidade pública ou de interese social. Neste caso, os dez alumnos e alumnas, están a realizar diverso mobiliario urbano en pedra ─mesas, bancos, mesas de xogo─ amais de esculturas que servirán para adobiar a vila. Nas actividades a desenvolver inclúese a colocación de parte dos bordos que faltan na Alameda de Redondela.

obradoiro canteria 2016 02

Traballos a desenvolver
Alameda de Redondela: Colocación de parte do bordo de pedra que falta.

Paseo do Pexegueiro: Realización e instalación de dúas mesas rectangulares en pedra con xogos grabados (xadrez, parchís, tres en raia...) cos seus correspondentes bancos

Vía Vella (Espazo central con vistas): Realización e instalación dunha mesa de xogos, similar á do paseo do Pexegueiro, co seu banco.

XardínXeneral Rubín: Colocación do bordo de pedra copleto. Realización e colocación de tres mesas de xogos gravados cos seus asentos e realización e instalación de tres bancos de pedra ondulados, un para cada esquina do xardín.

En lugar aínda por definir: Realización dunha escultura de pedra, de gran tamaño, co escudo de Redondela, un choco e a cola da Coca.