Redondela aposta pola sustentabilidade e entrega 90 composteiros

O Concello de Redondela convocou aos 91 veciños e veciñas de todas as parroquias que estaban inscritos e interesados en facer compostaxe nas súas vivendas cos restos de orgánico que a diario se acumulan nos fogares para facerlles entrega dos composteiros e participar nunha charla explicativa sobre como facer compost, que cousas se deben e non se deben botar nun compostero, como se debe proceder para sacar un compos de calidade, localización máis adecuada e unha longa lista de consellos sobre esta actividade.

Con esta iniciativa, o Concello busca evitar levar aos colectores de orgánico e posteriormente a Sogama todo aquilo que podemos "reciclar e reutilizar" nos nosos fogares. Ao mesmo tempo, veciños e veciñas estarán poñendo o seu graniño de area para minimizar, na medida do posible, o gran custo que supón ás arcas municipais o tratamento do lixo no Concello, que supera o millón de euros anuais.

"Non podemos permitirnos o luxo de tirar diñeiro en forma de lixo ao colector cando hai fórmulas e formas de poder evitalo" declara Miguel Ángel Álvarez, concelleiro de Medio Ambiente. Dende o Concello de Redondela búscase a colaboración cidadá para lograr os obxectivos marcados en canto a redución de orgánico no noso concello por iso son tan importantes estas accións.

entrega composteiros 02

A charla de compostaxe tamén serviu de axuda para lembrar aos veciños que hai un teléfono para chamar no caso de recoller mobles e voluminosos de todo tipo "sen ter que deixalos tirados polas rúas e os montes". Cunha simple chamada ao 986 408 034 "dinche onde e cando deixar os obxectos e pásanchos a recoller sen custo algún", explicou o concelleiro que tamén lembro aos veciños e veciñas "que agora disponse no concello de novos colectores para a recollida de aceite sen ter que estar a baleirar o aceite no depósito". Nese sentido, Miguel Ángel Álvarez explicou que "pasouse de ter 12 colectores a 25 con recollida rápida e limpa".

Neste sentido, o Concello amosou o seu optimismo xa que "se duplicaron os litros de aceite recolleitos no último ano, chegando a acumular 7.500 litros de aceite doméstico".

Por último fíxose fincapé e pediuse "a colaboración cidadá" para loitar contra os que aínda tiran lixo nos montes e outros lugares como tramos do camiño de Santiago, "afeando o noso concello e creando perigos innecesarios de accidentes nos montes en caso de incendios, etc.".