«Asuntos Pendientes», poesía e música no multiúsos da Xunqueira

Este próximo sábado día 24, a partir das 20:00 horas, o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá un espectáculo música e poesía da man de Juan Carballo en colaboración co músico Manolo Tarancón. Este novo artista, valenciano, mestura a poesía e a canción de maneira íntima e cunha linguaxe nova que constitúe unha proposta cultural diferente ao que habitualmente miramos sobre os nosos escenarios, dando o seu espazo á poesía actual e sen perder o formato de concerto.

Ámbolos dous artistas levan xa varios anos no mundo da creación, e presentan este traballo en Redondela un libro disco, que percorre Galicia e que busca a un público novo ou que non está afeito escoitar a poesía neste formato.

As entradas están xa a disposición do público, ao prezo de 7 euros (5 euros a entrada reducida), no mostrador do propio multiusos.