As bibliotecas de Redondela «tiran» de humor para fomentar a lectura

As Bibliotecas de Redondela veñen de lanzar tres breves anuncios, cargados de humor e co lema «Non ler prexudica seriamente a saúde», en datas próximas ao Día Internacional do Libro, 23 de abril. Estes anuncios, de apenas uns segundos, e que se desenvolven no Multiúsos da Xunqueira e os seus arredores, queren deixar claro a importancia da lectura que o simple feito de ler pódenos evitar moitos problemas en calquera situación da vida.

Unha das funcións principais das bibliotecas é animar á lectura e desde esa perspectiva, aseguran as Bibliotecas de Redondela, "traballamos estes 50 anos porque unha función social tan importante como é abrir o mundo do libro a todos, só pódese lograr animando e impulsando a lectura desde a infancia".

Os anuncios foron realizados pola pontevedresa Producciones Mutantes e poderán verse, entre outros lugares, no certame de Redondela en Curto, nas redes sociais das bibliotecas e na web do Concello.