Redondela desenvolverá cursos de informática para nenos no verán

Durante os meses de xullo e agosto, os nenos e nenas de Redondela terán a oportunidade de iniciarse na informática a través dos cursos gratuítos "Iniciación á Informática e Internet para nenos", que vén de organizar a Concellería de Novas Tecnoloxías. Os cursos desenvolveránse en Redondela e Chapela e estarán dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, divididos por grupos de idade.

Os cursos, de carácter totalmente gratuíto, desenvolveranse en Chapela entre o 6 e o 29 de xullo, os luns e mércores e en horario de 09:30 horas a 11:00 horas para os rapaces con idades comprendidas entre os 6 e 9 anos, e de 11:30 horas a 13:00 horas para os que teñan idades entre 10 e 13 anos.

No que a Redondela fai referencia, a actividade estará dividida en dous grupos, un que terá as súas clases entre o 6 e 29 de xullo, e un segundo grupo que desenvolverá a actividade entre o 2 e o 26 de agosto. En todo caso, en ámbolos dous grupos os horarios serán os mesmos: de 09:30 horas a 11:00 horas para os rapaces con idades comprendidas entre os 6 e 9 anos, e de 11:30 horas a 13:00 horas para os que teñan idades entre 10 e 13 anos.

Para máis información, ás nais e pais poden dirixirse ao Departamento de Novas Tecnoloxías, situado no segundo andar do multiúsos da Xunqueira ou tamén na páxina web do Concello www.redondela.gal.

A instancia que deberán presentar para inscribirse, tamén pode descargarse do enlace anterior ou solicitarse, no caso de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira. No caso de Chapela, poderá solicitarse nos Servizos Sociais, nos baixos do Pavillón Municipal.

A matrícula poderá formalizarse ata catro días antes do inicio da actividade tendo en conta que o método de selección será por rigorosa orde de entrada das solicitudes. Dita inscrición deberá realizarse nos rexistros habituais do Concello de Redondela.