Redondela

O alumnado do Conservatorio de Redondela celebra o seu concerto de fin de curso

O Conservatorio Profesional de Música 'Víctor Ureña' de Redondela celebrará, mañá xoves 4 de xullo, o seu tradicional concerto de fin de curso na Praza da Casa da Torre ás 20:30 horas.No acto participarán ensembles das especialidades de de clarinete, percusión amais do novidoso crossover formado polas especialidades de saxofón, corda, piano e percusión. O concerto o pechará a banda do Conservatorio, que acompañará ao coro do Conservatorio para interpretar, de xeito conxunto, temas coñecidos e actuais do pop-rock, español e internacional, sen esquecer pasodobres tradicionais e algunha banda sonora.

A Casa do Concello de Redondela exhibe, por primeira vez, a bandeira arco iris

Dende hoxe venres 28 de outubro e durante unha semana, o balcón da Casa do Concello de Redondela lucirá a bandeira arco iris coa que, explicou a alcaldesa Digna Rivas, durante a celebración deste acto “queremos significar o compromiso deste goberno e desta alcaldesa coa diversidade e coa integración de todos e todas”. Amais da bandeira, un banco pintado coas cores arco iris, estará durante toda a xornada instalado na Praza do Concello para, posteriormente, pasar a súa instalación definitiva nos soportais laterais da Casa do Concello de Redondela.

Ampliación do prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos de Redondela

O Concello de Redondela anunciou hoxe a ampliación do prazo de inscrición para participar nos Campamentos Urbanos que se desenvolverán durante o mes de agosto. O prazo, que inicialmente remataba o día 4 de xullo, amplíase ata o 12 de xullo. O campamento urbano, que desenvolverá as súas actividades nas inmediacións do palco da música da Alameda de Redondela entre as 9 h e 14 horas, está dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. Cómpre salientar que tamén poden inscribirse os cativos e cativas que, sendo menores de 4 anos, os cumpran dentro das quendas solicitadas para participar.

O BNG, tilda de “forza incendiaria” ao PP de Redondela coas Festas da Coca

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela vén de "repudiar" a actitude do Partido Popular durante as recen celebradas Festas da Coca e asegurou que "se amosou como unha forza que emprega as crenzas persoais, para fomentar un ambiente hostil entre a veciñanza”. A organización nacionalista cualifica de “exemplar como viviron os e as redondeláns a ausencia da Corporación ás manifestacións de carácter relixioso”.

Suscribirse a este canal RSS