Redondela

O BNG de Redondela homenaxea "ás mulleres de San Simón"

O BNG de Redondela vén de anunciar a convocatoria dun acto de homenaxe ás mulleres de Redondela que "dando un exemplo de dignidade, beleza e heroísmo, foron quen de tecer unha rede de solidariedade para levar un pouco de esperanza aos presos que o rexinme franquista enviou o campo de concentración de San Simón, entre os anos 1936 e 1945", acto que se enmarca dentro da conmemoración da semana da Patria Galega.

PSdeG-PSOE e AER acadan un acordo de Goberno para os vindeiros catro anos

O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a Alcaldía do cuarto municipio da provincia tras oito anos de goberno en minoría do Partido Popular. Para AER o fito é aínda maior xa que accede ao goberno por primeira vez na súa historia.

O BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de  "intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións" e na que se adoptou a decisión de manterse á marxe da conformación do novo goberno municipal, "e seguir traballando con responsabilidade dende a oposición”.

Bandeira Concello de Redondela de Traíñas masculina e feminina en Chapela

A Casa do Concello de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a presentación da XXXIII Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Masculina e a IV Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Feminina, acto no que estiveron presentes a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro Nacho González e representantes do Club de Remo Chapela.

Redondela prepárase para vivir, na fin de semana a II KiteFest Cesantes

A Casa do Concello de Redondela acolleu na mañá de hoxe xoves, 4 de xullo, a presentación do II KiteFest Cesantes, un evento que comeza este próximo sábado nas augas da baía de San Simón, con preto de 80 kitesurfistas competindo e cun amplo programa de actividades gratuítas e abertas a todo o público. O acto contou coa presenza de Xusto Fernández e Tato González, presidente e vicepresidente do TMKiteClub; Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Suscribirse a este canal RSS