Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas nos espectáculos a realizar tanto no Alto Minho –Monção, Barbeita, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca– coma en Galicia –Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa–.

Nesta edición de 2019, estarán presentes neste festival, un dos máis recoñecidos a nivel nacional con certificación CIOFF dende 2006, grupos procedentes de Benim, Bolivia, Chile, Croacia, Filipinas, Xapón, México, Portugal, Rusia e Servia, agrupando a preto de 500 participantes.

Durante o festival, os participantes estarán aloxados en Monção. Durante estes días, 120 voluntarios e voluntarias, tanto portugueses como estranxeiros, ocuparanse de todos os traballos que leva aparellados un evento desta categoría como son cozinha, limpeza, loxística, guías, interpretes, etc.

Modificado por última vez enMércores, 24 Xullo 2019 22:38