Os Maios en Vila Nova de Cerveira, unha explosión de colorido

Á beleza natural que posúe Vila Nova de Cerveira, engádese esta fin de semana, o atractivo dos Maios Á beleza natural que posúe Vila Nova de Cerveira, engádese esta fin de semana, o atractivo dos Maios

Varandas, xanelas e portas de edificios públicos e particulares así como os escaparates dos comercios de Vila Nova de Cerveira amosen, estes días, unhas máis que creativas coroas de xestas e flores, recuperando unha antiga tradición local ligada á primavera e a tradición dos Maios, e qu se desenvolve entre o días 29 de abril e 01 de maio.

Froito dun gran envolvemento dos establecementos de ensino e comerciantes, baixo a coordinación do Goberno local, o centro histórico de Vila Nova de Cerveira prepárase para dar a benvida ao mes de maio cun ambiente floral e alegre.
Na véspera do 1º de maio, a comunidade cerveirense mantense fiel aos usos e costumes dos antepasados, exhibindo arranxos florais, uns máis simples outros máis complexos, pero onde a xesta amarela, as flores campestres e os verdes non poden faltar.

Procurando conxugar a tradición cos tempos modernos e o concepto de 'Vila das Artes', a dedicación dos mozos e menos mozos vai máis lonxe, dando un toque máis personalizado e artístico, con recurso a algúns materiais recicláveis.
Valorizar as tradicións, fomentar a recreación e costumes de hábitos populares e estimular a participación e creatividade artística e cultural, son os obxectivos subxacentes a esta iniciativa, amplamente alcanzados pola adhesión da comunidade, a quen o Goberno municipal cerveirense vén de expresar o seu agradecemento público.

A 'Vila das Artes' tense manifestado a prol da elaboración dun programa de actividades familiar, acompañado de traballos artesanais en materia de ornamentación, que convidan o residente ou turista a descubrir un concello que conxuga unha enorme beleza natural cun forte compoñente artístico-cultural. Esta fin de semana, será unha boa ocasión para achegarse a Vila Nova de Cerveira.