Alén da Raia

Alén da Raia (54)

Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas nos espectáculos a realizar tanto no Alto Minho –Monção, Barbeita, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca– coma en Galicia –Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa–.

O Parque Acuático de Cerveira abre as portas o 14 de xuño

Coa proximidade do verán, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, vén de dar conta da apertura ao público do Parque Acuático o vindeiro 14 de xuño. Veciño ao Acuamuseo e ás beiras do río Miño, este parque temático incorpora unha impoortante compoñente lúdico pedagóxica con diversións asociadas ao intercambio internacional de auga con réplicas de canais, comportas, presas, chorros...

Cerveira manten a gratuidade do transporte escolar a todos os niveis de ensino

Neste curso lectivo 2018/2019, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira vai continuar asumindo, na súa totalidade, o custo do transporte escolar de todos os alumnos e alumnas do municipio, dende o preescolar ata o ensino secundario. A medida foi aprobada por unanimidade o pasado venres, na reunión do executivo municipal celebrada, con carácter descentralizado, en Gondarém.

Valença consolídase como destino turístico de calidade

A importancia de Valença como destino turístico de calidade, non é unha coincidencia, senón o froito de moitas horas de traballo e planificación. Así, de cara a seguir medrando nesa liña, a vila fronteiriza incrementou nun 18% as novas unidades de aloxamento local fronte as existentes no 2017, ofrecendo nestes momentos, a turistas e visitantes, un total de 44 unidades de aloxamento.

Festa da Historia de Cerveira con animación medieval para nenos e nenas

Baixo a temática «Raíña Santa Isabel, Raíña Peregrina Jacobeia», a edición deste ano da Festa da Historia de Vila Nova de Cerveira ─do 16 ao 19 de agosto─ presenta un maior e diversificado conxunto de actividades lúdicas medievais destinadas ás faixas infantil e xuvenil, que se engade á habitual programación transversal a todas as idades. A área de exposición tamén é ampliada para poder acoller as decenas de artesáns e espectáculos de rúa.

A «Visita nocturna polas memorias da fronteira», aprazada ata o 1 de xuño

O mal tempo desta fin de semana vén de facer que a actividade «Visita nocturna polas memorias da fronteira» de Valença do Minho, sexa aprazada ata o día 1 de xuño. Trátase dunha interesante actividade na que os e as participantes poderán coñecer as historias das trapicheiras e contrabandistas; as memorias do café e os caramelos; que é unha «mandrana» ou unha «apalpadeira». Son, en resumo, as historias e memorias que máis marcaron o último século con saída, ás 21:30 horas, dende a glorieta da Trapicheira.

Exposición sobre «O Tritão Palmado» no Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira

Baixo o título «O Tritão Palmado» o Aquamuseu do Miño acolle, ata o día 31 de maio, unha interesante mostra sobre a historia dun anfibio que, din os organizadores "cada día é máis raron en Portugal". Con esta mostra, o Aquamuseu cumpre cos seus principios fundadionais que son a promoción e divulgación do patrimonio natural da conca hidrográfica do río Miño.

O Aquamuseo do Río Míño coloca unha aboia para rexistar os parámetros da auga

O Aquamuseu do Río Míño de Vila Nova de Cerveira vén de instalar unha aboia no canle do río, preto da illa dos Amores, de cara a estudar e registar os parámetros físico-químicos da água. A instalación da aboia está integrada no proxecto Migra Miño-Minho e foi adquirida polos socios do proxecto. En breve se poderán recibir datos, en tempo real, dunha sección do Miño sobre a que hai moi pouca información destas características.

Curso de Arquitectura de Interiores na Escola Gallaecia de Vila Nova de Cerveira

A «Escola Superior Gallaecia» de Vila Nova de Cerveira, vén de organizar para os dous primeiros sábados do mes de marzo, un Curso de Arquitectura de Interiores, dirixido a todos estudantes e interesados na área de Decoración e Interiores, como poden ser arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, artístas plásticos ou profesionais na área do turismo.

Valença anuncia "medidas fiscais excepcionais" para asentar poboación e empresas

A Câmara Municipal de Valença de Minho vén de anunciar, para este vindeiro 2018, "medidas fiscais excepcionais", de cara a reforzar o asentamento de poboación e incentivar o desenvolvemento industrial do municipio. Así o paquete de medidas que poñerá en marcha o municipio fronteirizo incentivarán o asentamento de industrias, as iniciativas turísticas, a recuperación de inmobles no centro histórico e o reforzo da oferta do parque habitacional.

Suscribirse a este canal RSS