AporM acusa ao goberno de Mondariz de "falta de transparencia"

Alternativa por Mondariz, a forza máis votada nas pasadas eleccións municipais e que quedou fóra do Goberno "por unha non explicada aínda manobra política pola que o PP lle deu á alcaldía ao BNG", considera que a cidadanía “ten dereito a coñecer o contido do pacto entre os nacionalistas e o PSOE, a que compromisos chegaron ámbalas dúas forzas política"s e de que xeito, estes compromisos, “van repercutir na xestión do Concello e, polo tanto, na vida dos veciños e veciñas do municipio”.

AporM seguirá a traballar para sacar adiante os retos que Mondariz ten pendentes

Alternativa por Mondariz, tras o anuncio do PSOE de abandonar o Goberno, quixo agradecerlles aos socialistas o tempo compartido ao mesmo tempo que lamentou que a pesar dos “múltiples intentos de negociación”, non se puidese chegar a un acordo final. O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, expresou a súa intención de seguir na mesma liña “de traballo e responsabilidade” de cara a poder sacar adiante “os retos que Mondariz ten pendentes nesta lexislatura e os proxectos que temos enriba da mesa e que buscan a modernización e o progreso do municipio”.

  • Publicado en Mondariz

Mondariz aposta por medidas activas que eviten o fracaso escolar

O Concello de Mondariz vén de amosar a súa clara aposta por adoptar todas as medidas que estean ao seu alcance, dentro das limitadas competencias que en materia de ensino teñen os concellos, de cara a desenvolver programas activos de apoio escolar, logo de que o Consello Escolar correspondente á primeira avaliación, constatase o alto índice de fracaso escolar plasmado no elevado número de nenos e nenas dos tres primeiros ciclos da ESO que suspenden cinco ou máis de cinco asignaturas.

Mondariz conta xa cunha área para estacionamento de autocaravanas

O Concello de Mondariz inaugurará, este vindeiro sábado, 21 de maio, a área de estacionamento de autocaravanas situada nun lugar privilexiado, como é a baixada á praia fluvial do Val, punto de fácil acceso para este tipo de vehículos e dotado cos servizos que se esixe para este tipo de instalacións.

O Goberno de Mondariz presenta unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos

O Goberno local de Mondariz de AporM-PSOE, convocou esta mañá un Pleno Extraordinario no que presenta “unha cuestión de confianza vinculada aos Orzamentos”, de cara a conseguir un desbloqueo da situación producida logo que, no Pleno do pasado sábado, todos os grupos da oposición votasen en contra da proposta de Orzamentos municipais presentada polo bipartito.

Mondariz xógase o seu futuro no Pleno dos Orzamentos

Mondariz buscará o sábado a aprobación dos Orzamentos para o 2016 nun Pleno que ten unha extraordinaria importancia e no que, segundo o Goberno local de AporM-PSOE “o municipio xógase o seu futuro”. Os orzamentos elaborados polo goberno bipartito xiran en torno a catro eixos ben definidos: saneamento da economía municipal, realización de proxectos imprescindibles para o futuro de Mondariz, potenciación das medidas sociais e dignificación dos traballadores e traballadoras municipais.

BNG e PP contra a creación dun posto de traballo no Concello de Mondariz

O Goberno local de Alternativa por Mondariz (AporM) e PSOE, aseguran "estar sorprendidos" polo feito de que, no Pleno celebrado onte, Partido Popular e BNG votasen en contra de cubrir legalmente, como funcionario, unha praza vacante de operario de recollida de lixo e a modificación parcial de funcións a operario de servizos múltiples.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS