A Guarda prepárase para a semana grande das Festas do Monte 2019

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.

A Guarda contratará a catro persoas desempregadas dentro do programa «O teu primeiro emprego»

O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.

A Guarda da a coñecer o seu patrimonio urbano con visitas guiadas

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de iniciar un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan todos os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00 h ao punto de encontro, que é a Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende alí, o grupo sae para coñecer o patrimonio guardés en dúas visitas distintas, os mércores ten lugar a visita singular no casco histórico Prazas antigas e novas e os xoves a visita singular da época moderna Castelo de Santa Cruz.

A Festa do Peixe Espada da Guarda aposta pola inclusión

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da XVI Festa do Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses ( Orpagu) en colaboración co Concello guardés.

A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos da costa da Guarda, O Rosal e Oia, participando máis dunha trintena de persoas.

Cayetano Lledó presenta o vindeiro xoves na Guarda o seu espectáculo de maxia

O vindeiro xoves día 25 de xullo o Auditorio de San Bieito da Guarda acolle o espectáculo de Maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego. O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestuario, números de mentalismo, hipnosis, pantomima, danza...

«Noites no Castelo» é a cita obrigada para esta fin de semana na Guarda

Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha das citas musicais de maior importancia, o evento «Noites no Castelo», que terá lugar este sábado e numerosas actividades deportivas como a III Mostra CD Baixo Miño, La Guardia en Danza o Torneo 3x3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7. É, polo tanto, unha extraordinaria ocasión para achegarse á Guarda, gozar das súas praias e a súa gastronomía e rematar, no Castelo de Santa Cruz, coas «Noites no Castelo». 

Suscribirse a este canal RSS