A Guarda distribúe as competencias do novo goberno local

O novo salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu, este venres 28 de xuño, a sesión plenaria Extraordinaria na que se daba conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura. As delegacións de competencias comprenden a dirección organizativa e funcional da concellería, área o servizo, así como a sinatura de tanto documentos públicos ou privados que sexan necesarios en relación cos cometidos e funcións de cada unha delas, con exclusión de ditar actos administrativos resolutorios, sen prexuízo das delegacións especiais que poidan ditarse.

O Castelo de Santa Cruz da Guarda acolle o sábado o II Interlude Fest

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración, este sábado, da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda. As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00 h con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.

Aberta a licitación para a mellora dos accesos á Praia do Muíño na Guarda

A Deputación de Pontevedra ven de anunciar a licitación do proxecto para a mellora dos accesos á Praia do Muíño depois da sinatura dun convenio, no pasado mes de febreiro, entre o ente provincial e o Concello de A Guarda para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, por un orzamento total que ascende ás 192.190,64 €. O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.

A Festa da Langosta da Guarda, galardonada na IX Edición dos Premios Galicia

O vindeiro 4 de xullo o Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo acolle a entrega dos Premios Galicia da Revista Ejecutivos, na que A Guarda e a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira foi galardoada co «Premio ao Destino Gastronómico», acto que contará cunha representación guardesa encabezada polo Alcalde da vila, Antonio Lomba.

A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera, pratos fortes da Festa da Langosta

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta. Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.

A Deputación licita a mellora do acceso á praia do Muíño na Guarda

A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación as obras de mellora e recuperación do acceso á praia do Muíño da Guarda, por un orzamento total que ascende ás 192.190,64 €. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a institución provincial é socia. O prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas.

A Guarda reafírmase na súa aposta pola mellora do patrimonio arquitectónico local

A Guarda ven de finalizar as obras do proxecto para a mellora do camiño e do lavadoiro do Aloque no barrio de Saa en Camposancos, un ben patrimonial enmarcado no Camiño Portugués da Costa. Con esta actuación, o Goberno guardés reafirmase nas actuacións encamiñadas a manter e fomentar parte do patrimonio arquitectónico local como son os lavadoiros, antigos puntos de traballo e sociabilización da veciñanza e que, na actualidade constitúe un lugar de paso obrigatorio para os peregrinos que percorren o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda.

Suscribirse a este canal RSS