ACiP esixe o cumprimento do acordo plenario sobre a exención do imposto de Plusvalía

O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30 de xullo, o cumprimento do acordo plenario aprobado en novembro de 2017 polo Pleno da Corporación, polo que se bonificaba nun 95% ás herdades recibidas polos fillos. Segundo González Carrera, o incumplimento dos acordos plenarios "supón un desprezo por parte do Goberno cara aos concelleiros e concelleiras da oposición".

ACiP asegura que o gasto do Goberno sube máis dun 60% respecto a 2015

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, Juan Carlos González Carrera mantivo hoxe que as subas de gasto nos salarios do goberno local "supoñen máis dun 60 % respecto ao ano 2015" e lamenta que o executivo local utilice as "descualificacións aos grupos da oposición para ocultar este feito. O portavoz independente subliña que cando aínda non se cumpriu un mes dende a toma de posesión "comécese a gobernar sen consenso e transparencia". 

González Carrera adianta que ACiP fará "unha oposición firme e construtiva"

Pasados uns días das Municipais 2019, ACiP mantivo a súa primeira reunión para avaliar uns resultados que lle supuxeron un incremento de sufraxios, gañar un concelleiro e converterse na terceira forza política do concello. Amais de agradecer públicamente "o apoio recibido polo electorado e asumir esa responsabilidade que nos deron todos eles", ACiP –asegura o seu portavoz municipal Juan Carlos González Carrera– asumirá a mensaxe que nos deu o electorado: a de ser unha oposición firme e construtiva

ACiP solicita un debate público con todas as candidaturas de Ponteareas

O candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, Juan Carlos González Carrera, ven de presentar por rexistro de entrada no Concello unha petición ao alcalde, para que este leve adiante un debate público cos candidatos e candidatas á Alcaldía do municipio de tódalas formacións políticas que concorran nestes comicios.

ACiP anuncia a creación de 500 prazas de aparcamento "nos 100 primeiros días"

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de presentar unha batería de medidas "para os primeiros cen días de Goberno", sinala o seu portavoz Juan Carlos González Carrera. Entre estas medidas atópase a "creación de 500 prazas de aparcadoiros públicos ou a mellora da seguridade nos pasos de peóns" para dar solución a un problema, como o do tráfico, "que de rebote está afectando ao comercio e á hostalería".

ACiP presenta un 'Plan Estratéxico' para impulsar o turismo de Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, presentou dentro das súas propostas para as vindeiras eleccións municipais o seu Plan Estratéxico de Turismo, unha iniciativa que busca non so poñer en valor os moitos recursos turísticos cos que conta Ponteareas, senón tamén “potenciar o comercio e a hostalería de Ponteareas”. Para Juan Carlos González Carrera, a potenciación do sector turístico “aporta importantes beneficios para a economía local”.

O PSOE ponteareán denuncia "a fuxida de concelleiros do PP e ACiP" do Pleno

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Chus Garrote, denunciou hoxe o que cualifica de "fuxida de concelleiros do Partido Popular e ACIP na metade da sesión plenaria", algo que Garrote sinala como "vergoñoso e inadmisible". “O que fixeron PP e ACIP foi insultar aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma a concelleira socialista.

ACiP "lamenta" o estado da Estación de Autobuses

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe o estado no que se atopa a Estación de Autobuses de Ponteareas que evidencia, sinala, "falta de mantemento diario e asemella que o goberno local busca excusas para pechar definitivamente esta instalación". A situación desta instalación é, para o portavoz de ACiP "unha deixación de funcións do Concello que está obrigado ao correcto mantemento dos servizos municipais". 

Suscribirse a este canal RSS