Nigrán desenvolverá un amplo programa de actividades no mes de maio

O Concello de Nigrán vén de artellar un amplo programa de actividades para o mes de maio que permitirá que, ata o Día das Letras Galegas, veciños e visitantes poidan gozar de actividades case que diarias. O programa iníciase o día 1 de maio cun xantar, concretamente unha paella, organizada pola Comisión de Festas de Vilariño. As 18 horas e dende o cemiterio de Camos, terá lugar a saída da andaina que permitirá percorrer o que será o futuro Parque Forestal Os Matos-Río Táboas.

  • Publicado en Nigrán

A Guarda prepárase para unha fin de semana cheo de actividades

Sen apenas tempo para recuperarse da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira vivida esta pasada fin de semana, e que marcou récord de participación de asistentes, A Guarda prepárase para unha fin de semana de intensa actividade deportiva e cultural con actividades que se desenvolverán en diferentes espazos do municipio e para todos os públicos.

Tomiño pon en marcha a II edición do “Verán cultural: O Son da Praza”

O Concello de Tomiño albergará no núcleo urbano do Seixo actividades culturais de diferente índole ao longo dos meses de xullo e agosto no marco da II edición do 'Verán cultural: O son da praza' .Así, tódolos venres de xullo, os veciños e veciñas poderán desfrutar á noitiña da proxección de películas de animación ao aire libre, combinando deste xeito o lecer e a vida familiar agora que rematou o curso escolar.

  • Publicado en Tomiño

Nigrán inicia as actividades culturais do curso 2016-2017

O Concello de Nigrán inicia a partir de hoxe as actividades culturais do curso 2016/17, ás que asistirán un tal de 130 alumnos de tódalas idades ao longo de 8 meses. Paralelamente, no eido das deportivas, comeza xa taekwondo e tenis e nos vindeiros días se sumarán progresivamente (conforme vaia rematando o proceso de contratación pública dos monitores, xa na última fase) ximnasia de mantemento, ioga, ximnasia da terceira idade, aerobic, patinaxe e tai-chi, para as cales hay 334 anotados.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS