A Mostra de Cultivos do Baixo Miño, de récord

A décimo sexta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño pechou as súas portas cun balance máis que positivo desta nova edición e con cifras de récord, tanto en participación do público profesional coma na asistencia e implicación do público xeral. Nesta edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba pola profesionalización do sector entendida dun xeito transfronteirizo contou coa participación de 44 empresas, 30 delas expositoras e 14 colaboradoras.

  • Publicado en Tomiño

José Souto, gañador da primeira edición dos 'Premios Xardín Galego'

O paixasista José Souto foi o gañador da primeira edición dos 'Premios Xardín Galego', un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.

  • Publicado en Tomiño

O Baixo Miño adapta o seu agro para un desenvolvemento sostible

Cambio climático, contaminación, despoboación... son algúns dos problemas máis importantes aos que se enfronta o agro, un sector que no Baixo Miño leva tempo traballando e esforzándose por convertese en motor de desenvolvemento sostible da comarca, tanto a nivel ambiental como económico e social. Por este motivo, as empresas do sector levan tempo implementando sistemas de optimización enerxética e de recursos.

  • Publicado en Tomiño

O sector agro do Baixo Miño despega nos mercados internacionais

O sector agro no Baixo Miño é unha actividade produtiva cun grande impacto social e económico na contorna, cunha actividade de produción crecente e con cada vez máis peso en todas as súas subáreas: a planta ornamental, a flor, a froita e o viño, así como os servizos auxiliares. Máis de 1.000 hectáreas de produción, máis de 1.120 persoas empregadas en tempada alta e unha facturación de case 68 millóns de euros anucia reflicten a importancia do sector en termos de produción, rendabilidade e impacto social.

  • Publicado en Tomiño

Tomiño ultima os preparativos da «XVI Mostra de Cultivos»

A Asociación Cultivos Baixo Miño (acuBam) e o Concello de Tomiño ultiman nestes días a organización da XVI Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de marzo, no pavillón de deportes de Goián. Máis de 30 expositores dos sectores do agro, floricultura, planta ornamental, empresas auxiliares, etc. darán vida e contido á feira máis importante do sector, na Comarca do Baixo Miño e área de influencia.

  • Publicado en Tomiño

acuBam aposta pola comunicación dixital das empresas do rural

A Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam, en colaboración desenvolveu o pasado día 13 de setembro a xornada «A importancia da comunicación dixital nas estratexias comerciais das empresas», iniciativa que partía da base que no contexto de globalización mundial no que nos atopamos, asegurar a competitividade das empresas pasa por ser visible no mundo 2.0. A xornada contaba coa colaboración de Abanca, Vemargalicia, o Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS