Concello e AEMOS formalizan a concesión demanial do viveiro de empresas da Veigadaña

A alcaldesa en funcións de Mos, Nidia Arévalo; a Secretaria Municipal e o presidente da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), Manuel Castro, asinaron na mañá de hoxe no salón de sesións do Concello o documento de formalización de concesión demanial do edificio municipal para viveiro de empresas construído no Polígono Industrial da Veigadaña.

  • Publicado en Mos

Medio Ambiente tramita un proxecto que prevé crear 42 empregos en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) no parque da Veigadaña (Mos) e que suporía un investimento directo duns oito millóns de euros por parte das empresas implicadas, que gardan relación, fundamentalmente, co sector do automóbil. Así o avanzou durante unha visita á sede de AEMOS para coñecer os detalles da iniciativa a conselleira Ángeles Vázquez, quen subliñou a importancia e o impacto positivo que terá un proxecto destas dimensións para o Concello de Mos.

  • Publicado en Mos

AEMOS busca o apoio do Concello para a consecución dos seus principais obxectivos empresariais

A nova directiva da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, encabezada polo seu presidente, Manuel Castro, reuniuse esta mañá no Concello coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, para trasladarlle a súa solicitude de apoio e colaboración institucionais para diferentes proxectos da asociación. Ditas iniciativas, ante as que a rexedora local amosouse receptiva e interesada de cara a futuras colaboracións, van dirixidas ó desenvolvemento empresarial e á mellora da competitividade das empresas asentadas no termo municipal.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS