Marta Valcárcel presenta o programa de actividades «Vive agosto en Salvaterra»

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar a programación que, durante o mes de agosto, ofrecerá o Concello e que se desenvolverá baixo o lema «Vive agosto en Salvaterra». A programación cultural presentada, como xa é habitual no concello fronteirizo, é "variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia", sinala a rexedora local. Valcárcel subliña o feito de que é unha "programación cultural de calidade, con propostas diversas e cargada de actividades e festas".

A Guarda inicia un mes de agosto cheo de eventos para todas as idades

O Concello da Guarda inicia o mes de agosto cunha ampla programación de actividades como antesala ás Festas do Monte que terán lugar a partires do vindeiro luns. As Festas de San Caetano, o IV Galifornia Beat ou eventos deportivos coma o XVI Open de Tenis do Clube Codesal, as Carreiras Pedestres das Festas do Monte ou o Torneo de Hockey Liña das Festas do Monte son, tan só, alguns dos eventos dos que visitantes e veciñanza poderán gozar ao longo deste mes.

Suscribirse a este canal RSS