21.2 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArbo«Andaina da Lamprea», unha boa ocasión para gozar da paixase e gastronomía...

    «Andaina da Lamprea», unha boa ocasión para gozar da paixase e gastronomía de Arbo

    A andaina terá lugar o vindeiro domingo 21 de abril e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente antes do 18 de abril

    Do 26 ao 28 de abril en Arbo estará de Festa. Celebra a LIV edición da Festa dá Lamprea, declarada de Interese Turístico Internacional e para ir “abrindo boca”, durante o mes de abril están previstas unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes á veciñanza do municipio de Arbo. No marco destas actividades previas enmárcase a sétima edición da tradicional Andaina da Lamprea que terá lugar o vindeiro domingo 21 de abril.

    Arbo é un lugar ideal para practicar sendeirismo. Para o Concello “recomendar Arbo non é recomendar unha viaxe máis… é recomendar unha viaxe a un reencontro con sensacións inesquecibles que implican atoparse a si mesmo e ás súas orixes, e a Andaina da Lamprea e o momento perfecto para coñecerlo e desfrutar dunha actividade que ofrece deportes, paixase e gastronomía”.

    O roteiro, de dificultade media-alta, comezará na Praza do Concello ás 9:30 horas e conta con, aproximadamente, 12 quilómetros de percorrido. Trátase dunha actividade que levará ás e aos participantes pola contorna natural do municipio e permitirá que poidan relaxarse e evadirse contemplando “paisaxes espectaculares”, segundo explica o alcalde, Horacio Gil. Ademais, o Concello agasallará a todos e todas as participantes cunha degustación de lamprea e viño das adegas do concello de Arbo.

    As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente, antes do 18 de abril, nas oficinas municipais ou a través do correo electrónico arabomuseo@gmail.com o ou a través da sede electrónica. Será necesario abonar a cantidade de oito euros na conta municipal Es 44 2080 5011 8530 40005379 e presentar a copia de pago no momento da inscrición.

    Para máis información e instancia de participación https://festadalamprea.gal/evento/vii-andaina-da-lamprea/

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.