Comerá o bebé? contacontos para os máis pequerrechos na Biblioteca de Chapela

O mércores 13, ás 18:00 h, a Biblioteca de Chapela acolle un contacontos dirixido especialmente aos máis pequerrechos e no que, da man de Cris de Caldas e Xabi do Camiño, combínanse a narración e a música. «Comerá o bebé?» é a dúbida que fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo.

Convocada a terceira edición de «Ollo de Vidro» no Porriño

As entidades organizadoras do proxecto «Recoméndoche un libro», entre as que figura o Festival de Cans e a Biblioteca Municipal do Porriño, coma colaboradora, convocan o III concurso «O Ollo de Vidro» para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

Salvaterra de Miño achega aos máis cativos 'Abril, mes dos libros'

O Concello de Salvaterra de Miño desenvolverá, durante todo o mes de abril, unha serie de actividades encamiñadas a fomentar o hábito da lectura e o amor polos libros entre os máis cativos. Será, segundo sinala a primera tenente de alcalde, Marta Valcárcel, "unha programación diferente, divertida pero sobre todo enfocada aos mais cativos".

Contacontos na Biblioteca Municipal de Nigrán

A Biblioteca Municipal de Nigrán ofrece, mañá martes ás 18.30 horas, unha sesión de contacontos a cargo de "Pavís Pavós" (Tareixa Alonso) destinada a nenos a partir de catro anos. A narración oral estará orientada a transmitir valores sen caer no didactismo e afastándose de moralismos, contos que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades... A actividade terá unha duración de 50 minutos.

  • Publicado en Nigrán

Lúa ConLuvas regresa hoxe á Biblioteca do Porriño procedente de Rusia

Lúa ConLuvas regresa hoxe xoves a Biblioteca Municipal do Porriño procedente de Rusia e coa sua maleta cargada de fresas para merendar e de historias que contarlle aos nenos e nenas do Porriño. Lua Conluvas é unha actividade de animación á lectura que se desenvolve na Biblioteca Municipal do Porriño, todos os xoves as 18:30 h, e que se entende como unha proposta didáctica e divertida ao mesmo tempo.

Suscribirse a este canal RSS