Manifesto Miñor lamenta que Ferreira "torpedease" o traballo do concelleiro de Urbanismo

O urbanismo en Gondomar está como o tempo: ardendo. O alcalde, o socialista paco Ferreira, sinalaba nestes días na prensa escrita que "haberá un cambio na área de Urbanismo" para evitar "máis atrasos" se ben evitaba entrar na profundidade deses cambios. As declaracións foron cualificadas por Manifesto Miñor (MM), socios de Goberno do PSOE, como "desafortunadas" e aseguraba que eran "froito do nerviosismo político que lle produce a proximidade electoral".

Araúxo explicará o martes á oposición a delimitación de núcleos rurais

O goberno local de Gondomar ven de convocar ós voceiros dos grupos da oposición a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro martes, 13 de xuño, para que poidan revisar os expedientes e para explicarlles ou aclarar dubidas da delimitación dos núcleos de Penalba, San Roque e Pradol. O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antonio Arauxo, dixo que a convocatoria xurde "despois da incompresible actuación dos grupos da oposición na Corporación Municipal de Gondomar.

Gondomar tirará o 23 de maio a a vivenda da filla dun funcionario municipal

O Concello de Gondomar executará o próximo 23 de maio a derriba dunha vivenda unifamiliar na parroquia de Donas cuxa demolición foi ordenada, por sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en xullo de 2010. A sentenza do alto tribunal galego anulou definitivamente a licenza que permitiu a un técnico do departamento de Urbanismo, a súa construción. O fallo implica a demolición da casa para devolver o terreo ao seu estado orixinal.

Debaten o papel do GES miñorano tras a constitución da Área Metropolitana

O concelleiro de Manifesto Miñor na Xunta de Goberno da Mancomunidade Miñorana, Antonio Arauxo en de presentar unha moción ao pleno previsto mañá na que propón a constitución dun grupo de traballo para estudar as posibilidades de mellora e funcionamento do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (Ges) para tentar a integración dos seus membros cuxo futuro é incerto coa creación da área Metropolitana no futuro parque de bombeiros metropolitano. 
  • Publicado en Gondomar
Suscribirse a este canal RSS