O sector da pesca do racú galego reúnese coa eurodiputada do BNG, Ana Miranda

O local do BNG de Redondella acolleu nesta semana, a reunión entre representantes da pesca do racú coa eurodiputada Ana Miranda, a quen lle expuxeron os problemas cos que se atopa esta flota que conta con máis de 25 barcos e 100 tripulantes. Trátase de embarcacións menores de 12 metros de eslora que traballan coa arte do cerco e son consideradas, pola Consellería, como tales, aínda que ao entender dos seus profesionais “son outra cousa, debido o seu menor tamaño e polo tanto con moita menor capacidade pesqueira”.

BNG-Nós en Redondela: “Non nos van a calar”

A Alameda de Redondela acolleu o acto de campaña do BNG-Nós no que os nacionalistas deixaron ben clara a necesidade de "acadar nova representación no Congreso", despois de que “durante 6 meses, primaran os intereses dos partidos sobre os de Galiza”, matizaron. Anxo Lusquiños, como responsábel local, reclamou “volver a ter presenza verdadeiramente nacionalista, en Madrid para que se esixan os nosos dereitos como pobo”.

Suscribirse a este canal RSS