Festa da Bicicleta e música na XX Festa da Lamprea Seca” de Arbo

O Concello de Arbo continúa desenvolvendo ás actividades comprendidas no programa "Verán Cultural 2015" e que neste domingo, 9 de agosto, e co gallo da XX Festa da Lamprea Seca, terá dúas actividades que, a bo seguro, serán do agrado de veciños e visitantes. As 10 da mañá terá lugar a Festa da Bicicleta, e a partir das 19:00 horas, na Carballeira de Turbela, actuarán Malvela e Ardentía.

  • Publicado en Arbo

O venres, Cine na Rúa en Arbo

O vindeiro día venres 8 de agosto, ás 23 horas, na Praza do Concello de Arbo e dentro das actividades comprendidas dentro do “Verán Cultural 2015 de Arbo”, proxectarase a película “Perdiendo el norte”, comedia española do ano 2015, dirixida polo director Nacho G. Velilla e protagonizada polos actores Yon González e Julián López xunto a actriz Blanca Suárez. A película estreouse o 6 de marzo de 2015 en España.

  • Publicado en Arbo

Arbo acolle unha exposición sobre a biodiversidade de Galicia

A Sala de Exposicións do Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo “ARABO”, acollerá este mes a Exposición “Galicia Diversidade”. A mostra poderá ser visitada por todos os veciños e veciñas entre os días 11 e 28 de Xullo.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS