Areeiro recomenda prestar atención ao oídio ante o dano das infeccións mal controladas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que asegura que neste momento da campaña da viña o oídio é o patóxeno no que se deben centrar as observacións, xa que as infeccións mal controladas poden causar graves danos directos e tamén indirectos, ao incidir sobre a podre.

Areeiro advirte dun nivel "moi alto" de alterta ente o mildeu

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén emitir un aviso advertindo da necesidade de manter un nivel de alerta “moi alto” ante o Mildeu nas viñas da provincia. O persoal técnico apunta que a pesar de ter renovado os tratamentos será fundamental vixiar o viñedo para comprobar a súa eficacia e detectar canto antes a potencial aparición de novos síntomas, en cuxo caso haberá que repetir as aplicacións dando prioridade a funxicidas con materias activas que posúan efecto curativo e antiesporulante.

Areeiro acredita o bo ritmo de desenvolvemento das viñas da provincia

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de acreditar no seu último aviso fitosanitario o bo ritmo de desenvolvemento das viñas da provincia tras o tempo estable e soleado dos últimos días. Nas zonas máis cálidas, de feito, o persoal técnico xa detectou floración nos gromos dalgúns patróns e viñas ‘bravas’ e, se o tempo nos próximos días permanece soleado e as temperaturas son altas, sinalan que pronto se iniciará tamén en albariño e outras variedades.

Areeiro insta a tratar os danos nos gromos das viñas causados polo vento

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de aconsellar tratar canto antes os danos nas viñas causados polos ventos moderados dos últimos días. Así mesmo, unha vez xa detectadas as primeiras manchas de Mildeu e aínda que as condicións climatolóxicas non son propicias á súa expansión, revisar a eficacia dos tratamentos aplicados e a vixiar exhaustivamente as fincas.

Areeiro manten o aviso de "perigo elevado" de infección por oídio nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación Provincial, vén de publicar o seu último aviso fitosanitario, no que advirte do “elevado” perigo de infección das viñas por Oídio, que se prolongará ata o peche dos acios, e da necesidade de manter unha boa vixilancia tanto por este patóxeno como polo Mildeu.

Areeiro alerta do "risco elevado" de mildeu nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación provincial, acaba facer público o seu último aviso fitosanitario no que advirte de que persiste o risco “en nivel elevado” por Mildeu nas viñas da provincia. Segundo destacan, as previsións meteorolóxicas ─a día de hoxe─ continúan anunciando clima variable con certa posibilidade de precipitacións para os próximos días.

Areeiro advirte que o mildeu segue a ser un risco para a viña

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, indica que as condicións metereolóxicas anunciadas para a vindeira semana incrementarán o risco de infeccións por mildeu na viña e sinalan distintas recomendacións segundo a situación das parcelas. Así, para as parcelas que aínda están protexidas por un tratamento anterior só aconsellan vixiar o estado das plantas despois das choivas de hoxe, e non renovalo se non se observan novos síntomas.

Areeiro alerta sobre as primeiras manchas de mildeu nas viñas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra, vén de anunciar no seu último aviso fitosanitario a detección das primeiras manchas de Mildeu tanto en fincas privadas como nas viñas propias de seguimento en diferentes puntos da provincia. Os técnicos aconsellan realizar os tratamentos canto antes, sobre todo se non é posible revisar o viñedo, xa que de cara á primeiros da semana próxima anúncianse precipitacións que poden agravar a situación.

Suscribirse a este canal RSS