Rematan os traballos de Escavación do Cuncheiro do Monte Trega na Guarda

O Concello da Guarda promoveu, baixo a dirección de Brais X. Currás da Universidade de Coimbra (CEAACP), un Proxecto de Escavación, Análise e Sinalización do Cuncheiro do Monte Trega. O proxecto de escavación foi executado polos arqueólogos da empresa Terra Arqueos, mentres que para o estudo do material do cuncheiro contarase co grupo de investigación en zooarqueoloxía da Universidade de León con Carlos Fernández Rodríguez á fronte, e máis co Grupo de Investigación en Arqueobiología do CSIC, con Marta Moreno.

As 'Barferencias' da Guarda seguen enchendo os locais

O pasado venres día 1 de febreiro de 2019 celebrouse a penúltima Barferencia da Guarda, unha charla centrada no 'Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica' a cargo de Luis Francisco López González. Esta foi a cuarta Barferencia do ciclo 2018-19 e celebrouse no bar O Couto de Camposancos, contando cunha gran afluencia de asistentes o que denota a importancia que ten para a poboación guardesa o xacemento arqueolóxico de Santa Trega.

  • Publicado en A Guarda

Rematan os traballos de escavación das salinas romanas da Guarda

O Concello da Guarda deu por rematados, no día de onte, os traballos previstos no proxecto «A Guarda, Mar de Sal» de escavación das Salinas do Seixal e, seguindo indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio, procedeuse á cubrición do xacemento con fibra xeotéxtil para evitar o seu deterioro. Próximamente, unha vez que arqueológos e restauradores valoren e decidan o xeito máis axeitado de intervención, procederase á súa restauración e consolidación definitiva.

  • Publicado en A Guarda

Iniciados os traballos de escavación arqueolóxica do proxecto «A Guarda, Mar de Sal»

O pasado luns día 24 de setembro iniciáronse os traballos de escavación arqueolóxica das Salinas do Seixal e de Camposancos, enmarcado no Proxecto «A Guarda, Mar de Sal». En palabras de Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto, "empezamos a semana con moita ilusión e xa temos descuberta unha zona ampla con dúas sondaxes que amosan parte do pavimento das salinas, pero aínda é cedo para tomar conclusións precipitadas".

  • Publicado en A Guarda

Tomiño renova a sinalización do Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón

O Concello de Tomiño vén de rematar o proxecto de «Reposición de sinalización e equipamento do Ecoparque Monte Tetón», financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro da convocatoria de subvencións para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural. Cómpre salientar que no Ecoparque Arqueolóxico do Monte Tetón atópase a maior combinación de circos concéntricos coñecida na arte rupestre mundial.

  • Publicado en Tomiño

Novo impulso á colaboración entre Deputación e Fomento nos xacementos da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer o novo impulso dado ao protocolo de colaboración entre a institución provincial e o Ministerio de Fomento relativo aos xacementos galaico romanos da provincia. Tras unha reunión entre responsables do Ministerio, da Deputación e de Patrimonio da Xunta de Galicia, a presidenta provincial amosou a súa satisfacción porque o vindeiro mes xa se van licitar tres dos proxectos de musealización.

Suscribirse a este canal RSS