Cerámica 'Feito en Tomiño'

Trinta anos de traballo coa cerámica son, mírese por onde se mire, unha chea de anos. Son eses –30 anos– os que leva José Manuel Álvarez Comesaña ao fronte de Androx, o taller de cerámica máis lonxevo de Tomiño, situado en Vilachán e coñecido por locais e visitantes, por mor dos cursos de verán que veñen impartindo dende hai varias décadas. Desta volta a noticia non é nin o o taller, nin o museo situado a carón, senón a tenda de artesanía 'Feito en Tomiño'.

  • Publicado en Tomiño

O Biomercado converte a Tomiño nunha festa da produción ecolóxica e a artesanía

Dicía a alcaldesa Sandra González esta mesma semana, durante a presentación do Biomercado 2018 na praza de abastos, que pese a contar con só tres edicións ás costas —catro con a celebrada onte— era un evento "plenamente consolidado". Onte domingo 30 de setembro, a presenza de centos de persoas, non só de Tomiño, senón de todos os concellos circundantes, non fan máis que corroborar as palabras da rexedora local. Tomiño foi onte, unha auténtica festa da produción ecolóxica e da artesanía.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda abre a inscrición para a Feira de Artesanía da Festa da Langosta

O Concello da Guarda organizará a vixésimo oitava edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira os días 6, 7 e 8 de xullo e, como en anteriores edicións, o festexo gastronómico completarase coa celebración da tradicional Feira de Artesanía na rúa do Porto. Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada nas bases que se poden consultar nesta ligazón, antes do vindeiro 25 de maio ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Mondariz vive unha fin de semana chea de artesanía e baile

Mondariz vive, esta fin de semana, dúas das súas máis tradicionais celebracións vencelladas, ámbalas dúas, a elementos patrimoniais como son os oficios artesáns e o baile tradicional representado pola muiñeira. Como acto previo ao programa que se desenvolverá tanto hoxe sábado como mañá domingo, ás 20 horas de onte venres, 4 de agosto, tiña lugar a inauguración da exposición de artesanía «Proxecto Galiestampa» de Irene Silva nunha iniciativa organizada por «ArteNostrum».

Máis de corenta postos na XXI Feira de Artesanía de Tui

A rúa Ordóñez, a Porta da Pía, e as prazas do Concello e de San Fernando acollerán esta fin de semana a XXI Feira de Artesanía de Tui nunha aposta do Concello de Tui pola artesanía e pola promoción do conxunto histórico da cidade. Corenta e un artesáns, con carta de artesáns, dos que dez son de Tui, achegarán as súas creacións en cerámica, coiro, bixutería, xoguetes... Nesta mostra tamén participará a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, a Asociación Protectora de Animais Aloia, SOS Tomiño Baixo Miño, e a Residencia San Telmo.

  • Publicado en Tui

Tui abre o prazo de solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía que se celebrará o 6 e 7 de maio. Ofértanse un total de 44 postos de venda directa aos que poderán acceder aquelas persoas que o soliciten sendo requisito imprescindible que estean en posesión da carta de artesán de Galicia ou do carné acreditativo equivalente de garantía de calidade expedido noutras comunidades.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS