Chapela énchese de boa música este sábado co «Berete Rock»

Comezou sendo a xuntanza dun grupo de amigos para poder gozar, en directo, da música que facía un membro da asociación. Debido ao éxito acadado, pasou a ser un escaparate para a promoción dos grupos locais. Hoxe, tan só oito anos despois, o Berete Rock é todo un referente na música e unha cita obrigada para os amantes do rock. Esa "xuntanza de amigos" converteuse nun Festival –en maiúsculas– polo que pasaron grupos da talla de Stoned at Pompeii, The Killer Barbies ou Aphonic.

O paseo marítimo de Chapela acolle, o sábado, o V Berete Rock

Este sábado o paseo marítimo de Chapela será o escenario, a partir das 21:30 h do V Berete Rock, que se consolida no panorama musical da comarca como unha cita indispensable. A privilexiada contorna de Arealonga súmase á calidade dos grupos participantes este ano, cunha oferta variada. Aphonnic, Supernatural, All/In e Wondercovers forman o cartel.

Suscribirse a este canal RSS