Os libros, en Ponteareas, saen ás rúas

A concellería de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de instalar catro puntos de lectura ou catro 'casiñas' con libros viaxeiros, en outros tantos puntos da vila e que permitirán, segundo o Concello ponteareán, "encher de creatividade os momentos de lecer". É un xeito de que a Biblioteca Municipal, saia do seu entorno habitual e, literalmente, saia ás rúas.

A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

A Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un 'bebecontos' que ten a finalidade de esperar, entre os máis pequerrechos, o gusto pola palabra e polos libros. 

Peche da Biblioteca de Tui por formación do persoal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui permanecerá pechada os martes 9 e 16 de xullo tanto en horario de mañá como de tarde debido a que todo o seu persoal ten que asistir en Santiago a sendas xornadas de formación. O Concello de Tui pide desculpas aos usuarios polas molestias que o peche poida ocasionar.

  • Publicado en Tui

Xela Arias, inmortalizada na Biblioteca de Chapela

A biblioteca pública municipal de Chapela pasará a chamarse, dende o vindeiro luns, 22 de abril, 'Biblioteca Pública Municipal Xela Arias'. Deste xeito, Redondela inmortaliza a esta escritora, poetisa y traductora finada no ano 2003. A cerimonia terá lugar ás 17:00 h no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde se atopa situada a biblioteca de Chapela, distintas autoridades darán a coñecer a placa conmemorativa que asignará o nome de Xela Arias ao centro bibliotecario.

Tráfico e cultura, «Aparca ben e leva un libro»

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila en colaboración coa Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos.

A biblioteca do Porriño presenta o seu amplo programa anual de actividades

Ao longo do 2019 a Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, desenvolverá un amplo programa de actividades gratuítas relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. A alcaldesa, Eva García de la Torre, subliña que “trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal”.

Nova presentación literaria na «Sección de Igualdade» da Biblioteca de Mondariz

O sábado día 16 de febreiro, ás 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal «Xoán Xosé Pérez Labaca» de Mondariz, acollerá a presentación de tres libros dentro das actividades programadas polo Concello con motivo da apertura da «Sección de Igualdade», no centro bibliotecario. Desta volta serán tres as obras que se presentarán, todas incluídas dentro da ‘Colección Feminismo’ de Editorial Galaxia: Chámame señora, pero trátame coma a un señor de Inma López Silva; Feminicidio de Carme Adán e Ám@me de Cris Oliveira e Amada Traba.

  • Publicado en Mondariz
Suscribirse a este canal RSS