O BNG de Redondela homenaxea "ás mulleres de San Simón"

O BNG de Redondela vén de anunciar a convocatoria dun acto de homenaxe ás mulleres de Redondela que "dando un exemplo de dignidade, beleza e heroísmo, foron quen de tecer unha rede de solidariedade para levar un pouco de esperanza aos presos que o rexinme franquista enviou o campo de concentración de San Simón, entre os anos 1936 e 1945", acto que se enmarca dentro da conmemoración da semana da Patria Galega.

O BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de  "intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións" e na que se adoptou a decisión de manterse á marxe da conformación do novo goberno municipal, "e seguir traballando con responsabilidade dende a oposición”.

BNG e PSdG-PSOE asinan un acordo para dotar As Neves dun Goberno estable

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) das Neves chegaron a un acordo que permitirá dotar ao Concello dun Goberno local estable, integrado por seis concelleiras e concelleiros. Segundo o pacto asinado este luns, As Neves contará con seis departamentos e dúas tenencias de alcaldía.

O BNG non pecha as portas para un pacto de goberno no Porriño

Ante ás afirmacións de Eva García De La Torre nos medios de comunicación sobre as negociacións que manteñen abertas o BNG e PSdG para un acordo de goberno, os nacionalistas reclaman da alcadesa do Porriño "prudencia sobre o contido e o avance das negociacións". O BNG asegura "manter aberta a vontade de que haxa un pacto de goberno" aínda que advirten "este pode darse ou non".

O BNG, tilda de “forza incendiaria” ao PP de Redondela coas Festas da Coca

O Bloque Nacionalista Galego de Redondela vén de "repudiar" a actitude do Partido Popular durante as recen celebradas Festas da Coca e asegurou que "se amosou como unha forza que emprega as crenzas persoais, para fomentar un ambiente hostil entre a veciñanza”. A organización nacionalista cualifica de “exemplar como viviron os e as redondeláns a ausencia da Corporación ás manifestacións de carácter relixioso”.

BNG e PSdG-PSOE acadan un pacto de goberno en Ponteareas

Xosé Represas e Chus Garrote asinaron hoxe o pacto de goberno acordado entre BNG e PSdG-PSOE para gobernar en coalición en Ponteareas durante o vindeiro mandato. BNG e PSdG-PSOE suman doce concelleiros e concelleiras nunha corporación onde a maioría absoluta se sitúa nos once edís.

O BNG facilitará a investidura de Digna Rivas

A comisión delegada pola Asemblea Local do BNG de Redondela, mantivo un encontro con membros do Partido Socialista, para exporlle a postura da organización nacionalista, ante a proposta de que Digna Rivas, sexa investida alcaldesa o vindeiro sábado 15 de xuño.

Suscribirse a este canal RSS