A Xunta comprométese a presentar en tres meses a mellora da travesía da Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido a pasada semana, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ante a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e unha representación veciñal nun un encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta.

A Vaqueira, un barrio do Porriño 'dividido' por unha liña continua

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou este mércores pasado na estrada PO-510, aos veciños e veciñas do barrio da Vaqueira, na parroquia de Budiño, para esixir de novo á Xunta de Galicia, que dea una solución aos porriñeses que viven neste barrio, “que fica dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas ou negocios e cruzar aos peóns”.

O Porriño contribuirá á conservación dunha fortificación romana de 1.200 de antigüidade

Os romanos levantaron unha fortaleza defensiva de varias hectáreas no Faro de Budiño un lugar no que, ademais, había un asentamento romano construído, posiblemente, hai uns 1.200 anos. Estas son algunhas das conclusións ás que apuntan os estudos dos arqueólogos Francisco Alonso, Oria Ferreiro, Mario Fernández ─que está a facer a súa tese doutoral─ José Carlos Sánchez e Tania Rial, pertencentes á Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O BNG do Porriño celebra un acto aberto en Budiño

O BNG do Porriño desenvolverá, o vindeiro xoves, 14 de setembro ás 20:30 horas, un acto aberto no Centro Cultural A Forna, na parroquia de Budiño. O acto, aberto á veciñanza e colectivos parroquiais, ten o obxectivo de tratar temas de importancia para a parroquia como son os relativos a augas, montes, deportes, cultura, servizos e territorio.

Deputación acometerá a mellora do cruce da Lomba en Budiño

O Salón de Plenos do Concello de Salceda de Caselas serviu esta mañá de escenario para as sinaturas das actas de expropiación, por parte da Deputación de Pontevedra, dos terreos precisos para o proxecto de mellora da seguridade viaria na EP-2503, no coñecido como “Cruce da Lomba”, na parroquia de Budiño.Un acto co que, segundo sinalaba o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, "a Deputación cumpre o compromiso adquirido con este concello e, por fin, vaise solucionar un problema histórico na parroquia de Budiño".

O Porriño remata a conexión ao saneamento de 14 vivendas máis de Budiño

A Concelleria de Vías e Obras do Concello do Porriño vén de dar por rematados os traballos de conexión, á rede de saneamento, de 14 vivendas da parroquia de Budiño. As obras, como sinalou o alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, abranguen o treito que vai dende a “popularmente coñecida coma rotonda do PPI-7 ata a ponte sobre a estrada da Xunta, en A Devesa”.

O PP do Porriño esixe solución para a liña continuada de Vaqueira

O Partido Popular do Porriño reclama ao Goberno local que realice as xestións oportunas que remate coa situación que se da entre os puntos quilométricos 2,000 e 3,000 da PO-510 ao seu paso por Vaquería, na parroquia de Budiño, nos que unha liña continuada obriga, aos veciños da zona, “a percorrer uns dous quilómetros para poder cruzar a estrada ademais de xerar situacións diarias de evidente risco”, afirman os populares.

Suscribirse a este canal RSS