Río Tollo, 1,5 millóns de esquejes dun dos seus produtos estrela, a camelia

Unha media de 30.000 unidades de camelia ao día durante case tres meses, ao redor de 1,5 millóns só nesta tempada. Son as cifras que manexa Viveiros Río Tollo, que cada ano perfecciona as técnicas de poda, selección e multiplicación para converterse nun dos maiores produtores desta planta de Europa. Desde que empezaron a súa actividade no ano 2000, traballadoras e traballadores foron gañando experiencia para unha tarefa que se realiza integramente de forma manual.

  • Publicado en Tomiño

Éxito da exposición da camelia de Ponteareas

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas quixo agradecer hoxe "aos vintecinco participantes na exposición da Camelia o seu bo traballo e a súa intensa colaboración" que posibilitou que, durante dous días veciñanza e visitantes puideran fozar dunha exposición "con composicións florais creativas e fermosas".

Máis de 70 expositores danse cita nas «X Xornadas da Camelia» de Salceda

Preto de 70 expositores de toda Galicia e Portugal participarán, esta fin de semana, nas Xornadas da Camelia de Salceda de Caselas, que con esta chega xa a súa décima edición, e que esta mañá foron presentadas pola concelleira de Turismo de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, a quen acompañaban o alcalde Marcos Besada, Sandra Sousa, da Asociación de Mulleres do Rural e Antonio Ribeiro, presidente da Asociación de Xubilados de Salceda e «alma mater» destas xornadas, tal e como recalcaba Loli Castiñeira.

Obradoiro de arte floral con camelias na Biblioteca Municipal de Ponteareas

A concellería de Cultura que xestiona a nacionialista Hortensia Bautista, vén de anunciar a organización dun obradoiro de arte floral de balde, coa camelia como elemento base e, ao mesmo tempo, convida a toda a veciñanza a visitar a exposicón da camelia que terá lugar entre os días 31 de marzo e 1 de abril na Casa do Concello.

Máis de oitenta expositores na III Mostra da Camelia Cidade de Tui

Este sábado, 20 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar na sala de exposicións da Área Panorámica a inauguración da III Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada por ATUCA, a Asociación de Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui e da Deputación de Pontevedra, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.

  • Publicado en Tui

A Área Panorámica acollerá a II Mostra da Camelia Cidade de Tui

A Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio da Área Panorámica, acollerá o sábado 14 e o domingo 15 de xaneiro a II Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo concello de Tui coa colaboración dun grupo de persoas amantes da camelia como son Mª José Fernández, Fernando Da Costa, José Carlos Montes e Antonio Luís Montes, así coma da Deputación de Pontevedra e da Sociedade Española da Camelia.

  • Publicado en Tui

Salceda foi unha explosión de cor

Non hai moitos máis xeitos de describir a Mostra Exposición da Camelia, que esta semana viviu Salceda, como non sexa "explosión de cores". Centos de persoas achegáronse ao Concello de Salceda onde, en tres niveis, o corido e olor das camelias, enchían todo.

Salceda inaugura, esta tarde, a súa Mostra-Exposición da Camelia

Salceda converterase esta fin de semana, coa Celebración das VIII Xornadas da Camelia que se inauguran esta tarde, no centro de atención dos milleiros de persoas que consideran a esta flor como unha das máis fermosas. Durante o hoxe sábado e mañá domingo, amais de camelias nas súas máis diversas variedades e cores, os visitantes poderán gozar de actividades paralelas que converten a Salceda de Caselas, nunha cita ineludible para esta fin de semana.

Suscribirse a este canal RSS