Polos cumios da terra

Neste novo reportaxe de Camiñando pola Terra, facemos a ruta PR G 198, visitando as terras máis altas galegas, cos cumios de Trevinca (2127 m), Pena Negra (2123 m), Pena Surbía (2118 m) e o Maluro (1931 m), estando de acompañante desta vez, o montañeiro Tiago.

Camiñando pola Terra: Subida ao Pico Salgueirón e Sendeiro Histórico de Mos

Nova aventura e reportaxe de «Camiñando pola Terra» de Jhonathan Zúñiga que, desta volta, se despraza ao concello de Mos, terras da Louriña, onde os seus invitados, Marcos Escudero, Jose Luís e Xelfo (que forman parte da organización da festa da prehistoria) nos amosaran e falaran do grande valor histórico e natural desta ruta. Por último, subirá ao Pico Salgueirón (633 m), o segundo máis alto dos concellos de Mos e Ponteareas e a propia Serra do Galleiro. Aquí comeza a aventura como se estiveses nela!

Camiñando pola Terra III: a Serra do Leboreiro

Atopámonos nuns paramos e montes pouco coñecidos na nosa terra. No suroeste ourensán facendo fronteira con Portugal, atopase a Serra do Leboreiro dentro dos concellos de Bande, Verea e Quintela de Leirado. Vos invitamos a coñecer, nesta reportaxe e ruta, súa incrible riqueza e patrimonio natural e histórico, mostrando súas monumentais motas ou mámoas, así como a forma de vida de quen actualmente habita estes lares.

Camiñando pola Terra II: a ruta do Xabriña

Aquí vos presentamos a segunda reportaxe da nosa serie «Camiñando pola Terra» coa que pretendemos achegarvos, a todos e todas, a riqueza cultural, patrimonial, paisaxística e histórica da nosa terra. Nesta segunda reportaxe, na que contamos con invitados, buscamos poñer en valor as terras do Xabriña, con todo o seu patrimonio natural, histórico e artesanal.

Suscribirse a este canal RSS