O Porriño inicia as actividades do campamento de verán

Este luns deu comezo no Porriño o Campamento de Verán 2019, organizado pola Concellería de Igualdade e que conta co financiamento da Deputación Provincial. O Concello promove esta actividade como medida de conciliación para as familias de Porriño de cara que os nenos e nenas poidan gozar de actividades lúdicas e didácticas durante a xornada laboral dos seus proxenitores.

O Porriño pecha os Campamentos de Verán nos que participaron 240 nenos e nenas

A concelleira de Benestar e Igualdade do Concello do Porriño, Soledad Girón, entregou os diplomas ás nenas e nenos que participaron nos Campamentos de Verán do Concello, este ano. En total, sinala a concelleira, foron 240 participantes que puideron gozar durante 6 semanas de actividades coma xogos, deportes, excursións, ou saídas ao Museo do Mar de Galicia ou á Praia de Alcabre, en Vigo.

Os campamentos de verán de Salvaterra amosan ós cativos a reciclaxe

A Consellería de Medio ambiente  e Sogama, organizan en colaboración co Sistema Integrado de Xestión de envases lixeiros e o Concello de Salvaterra de Miño, o vindeiro luns actividades de concienciación no municipio, a través de dúas actividades. Coincidindo co inicio dos campamentos de Verán que organiza o Concello para os máis cativos, levaranse a cabo diversas actividades lúdico – formativas en materia de recollida selectiva e reciclaxe de residuos entre os máis de 60 nenos e nenas que participan na primeira quincena dos campamentos gratuítos do Parque Público A Canuda.

Tui abre un novo prazo de inscrición para os campamentos de verán Tui 2017

O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para os Campamentos de Verán Tui 2017, dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas. Dende mañá martes, 27 de xuño, e ata este venres, 30 de xuño, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por rigoroso orden de presentación de solicitudes no rexistro do Concello de Tui, en horario dende as 09 h ata as 14 horas. Os interesados tras realizar a inscrición no rexistro, deberán aboar a taxa do campamento, 30.56 € por quenda e participante, na Tesourería do Concello.

  • Publicado en Tui

Campamentos Musical de Tomiño: primeiro contacto coa música, en verán e con xogos

Un total de 25 nenos e nenas participaron este verán no Campamento Musical organizado polo Concello de Tomiño e a Agrupación Musical de Goián, unha actividade que permitiu aos máis cativos tomar un primeiro contacto coa música. O campamento desenvolveuse durante a primeira semana do mes de agosto coa coordinación de Andrés Laguna, Eresi Rodríguez e Cristina Costa, os tres profesores da escola de música municipal e membros da banda.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS