Eva García nega a "desatención" que denuncian os afectados polas canteiras de Atios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, lembrou que o Concello do Porriño "ten intermediado entre os afectados das canteiras de Atios e a firma Pocasa mediante senllas reunión que recentemente mantivo a propia alcaldesa ámbalas dúas partes na Casa do Concello". De la Torre nega, polo tanto, “a suposta desatención que denuncian os veciños de Atios”, un dos motivos que os afectados alegan coma un dos motivos para próximas movilizacions.

A veciñanza de Atios mobilízase contra os danos das canteiras

A Asociación de Afectados polas Canteiras de Vilafría e do Carbón vén de convocar a todos os veciños e veciñas de Atios a unha mobilización, o vindeiro domingo día 21, ás 12:00 hs., en protesta por como se está levando a cabo a restauración da canteira de Vilafría e para reclamar o pago das indemnizacións "que a industria do granito lle adebeda aos veciños polos danos causados nas súas vivendas", aseguran os convocantes.

Os comuneiros de Atios cualifican de "clamoroso erro político" o recurso sobre as canteiras

Nunha decisión que a Comunidade de Montes de Atios cualifica de "lamentable e clamoroso erro político", o feito de que os grupos que forman o goberno local do Porriño ─PSOE e UDDL─, xunto co Partido Popular, votasen en contra da moción presentada polo BNG, (que recibiu o voto a favor de EU Son), na que se pedía poñer fin ao preito das canteiras de Atios e asinar un convenio de colaboración entre Concello e a comunidade.

O Porriño recorrerá a sentenza sobre a canteira de Atios

O Concello do Porriño recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais. Así transmitiullo este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre aos membros da xunta directiva da Comunidade de Montes de Atios, cos que mantivo unha xuntanza esta mañá no seu despacho do Concello.

Eva García de la Torre reunirase cos comuneiros de Atios para falar das canteiras

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, manterá unha xuntanzan con representantes da Comunidade de Montes de Atios, o vindeiro mércores, día 14, ás 10:30 horas. Cumpre deste xeito García de la Torre o seu compromiso trala sentenza do Xulgado de Primeira Instancia Nº 3 do Porriño en relación coa titularidade das canterias da parroquia.

O BNG do Porriño propón que o Concello non recorra a sentenza das canteiras

O BNG vén de instar ao Goberno local do Porriño que non recorra a sentenza xudicial pola que o xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño dálle a razón aos veciños de Atios na súa reivindicación sobre a propiedade das parcelas onde se localizan as explotacións de granito, sente a negociar coa comunidade de Montes de Atios e chegue ao mellor acordo para os intereses municipais. Tarde ou cedo, a xustiza fará firme a propiedade legal dos veciños e, daquela, o Concello non terá marxe de manobra nunha negociación.

Sentenza histórica: as canteiras de Atios son propiedade dos veciños

O Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 3 do Porriño ven de ditar sentenza sobre o preito das canteiras (celebrado en setembro do ano pasado) e dalle a razón á Comunidade de Montes de Atios na súa revindicación sobre a propiedade das canteiras. A titular do Xulgado, a maxistrada Adriana López Barcón, estima a demanda dos veciños e sentenza que as parcelas do Monte Carrascal e Laxedo onde se ubican as canteiras “son propiedade dos veciños de Atios, porque así as viñan poseendo dende tempos inmemoriais, e forman parte integrante e inseparable do Monte veciñal Carrascal e Laxedo”.

Suscribirse a este canal RSS