Carlos López Font e Digna Rivas supervisan a reposición de Servizos na rúa Cubillón

O deputado provincial, Carlos López Font, e a deputada Digna Rivas visitaron esta mañá en Redondela as obras de reposición de servizos na contorna da Rúa Cubillón, en Chapela, actuacións que se executaron coas achegas do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Na visita participou tamén o alcalde de Redondela, Javier Bas, así como varias concelleiras e concelleiros municipais.

Carlos López Font visita as obras de mellora do campo da Lagoa en Mondariz

O deputado provincial de Cooperación, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, visitaron hoxe as obras para a dotación de novas infraestruturas nos campos municipais de fútbol da Lagoa. É un proxecto incluído no Plan de Reequilibrio da Deputación, cun orzamento de 529.962,41 €, que son financiados integramente pola institución provincial. Un total de 423.969,92 € achégaos a Deputación a través deste plan provincial e os 105.992,49 restantes, con cargo ao municipio, proveñen do Plan Concellos 2018 e 2019.

  • Publicado en Mondariz

A Deputación facilita, en 24 horas, a apertura do campo do Aral en Baiona

O deputado e voceiro do goberno da Deputación de Pontevedra, Carlos Font, confirmou hoxe que a institución provincial facilitou en 24 horas unha solución ao concello de Baiona para que poida proceder á inmediata reapertura do campo de O Aral. O obxectivo era resolver o conflito creado ao club Erizana polo atraso das obras da reforma do estadio, que leva a cabo o Concello e que unicamente competen á Deputación en canto a que son financiadas con cargo ao Plan Concellos.

  • Publicado en Baiona

Salceda inaugura a nova senda e parque etnográfico do río Landres

O deputado provincial, Carlos López Font, xunto ao alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, inauguraron onte o treito O Seixo-Muíño da Pereira no Paseo Fluvial e o parque etnográfico do Río Landres, onde a Deputación de Pontevedra investiu 105.252,18 euros do Plan Concellos 2017. No transcurso do acto aproveitouse para facer unha lembranza e homenaxe con motivo do primeiro aniversario dos incendios forestais acontecidos entre o 15 e o 16 de outburo do ano pasado.

A Deputación investirá 120.000 euros na mellora de espazos urbanos de Covelo

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento ao concello de Covelo para as obras de mellora no entorno da Igrexa San Bartolomeu da Lamosa. As actuacións teñen un importe total de 121.019,29 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

  • Publicado en Covelo

Deputación investirá 169.000 euros na reurbanización da igrexa de Belesar en Baiona

O deputado provincial de cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará hoxe venres en Xunta de Goberno o financiamento ao concello de Baiona para as obras de reurbanización e acondicionamento do acceso á igrexa de San Lourenzo de Belesar e da praza Antonio Taboada Tabanera da mesma parroquia. As dúas actuacións teñen un importe total de 168.995,46 euros e forman parte dos fondos da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos.

  • Publicado en Baiona

Corporación e deputados provinciais visitan a humanización de Puxeiros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os deputados provinciais, Carlos López Font, Digna Rivas, Elena Muñoz e Belén Villar, vistaron esta mañá as recentemente rematadas obras de humanización na Avenida de Puxeiros, acompañados de membros da Corporación Municipal e veciñanza. Para celebrar a devandita mellora, a partir do mediodía e ao longo da xornada quedou instalado un tobogán xigante acuático para divertimento de pequenos e maiores. A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, foi una das usuarias desta atracción, da que gozou na compaña da súa filla.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS