A exposición fotográfica «Trieb» inaugúrase na Guarda o 7 de agosto

A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o vindeiro martes 7 de agosto e ata o 18 de agosto a Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz. Nado en Bilbao e apaixonado da fotografía, Jesús Rodríguez Ortíz ─médico pediatra descendente de familia guardesa─ participou en varios concursos, publicacións, libros e mesmo na Revista National Geographic, cunha fotografía do Museo Guggenheim de Bilbao.

«A visión das mulleres» encheu a Casa da Cultura de Redondela

A xornada de cine «A visión das mulleres», organizada polo PSdeG-Redondela, fixo que a casa da Cultura de Redondela quedara pequena na tarde noite de onte venres. A pesar do desapacible da xornada, numerosos veciños e veciñas déronse cita na instalación cultural para asistir a un acto que tiña como obxectivo "visibilizar o traballo de todas as mulleres que desenvolven o seu labor nun mundo especialmente complicado como é o do sector audiovisual".

Hip hop para alumnos de ESO en Tomiño

A Casa da Cultura de Tomiño acolleu este mércores unha actuación do grupo de música hip hop "Beehive", de Vigo, para alumnado do IES Antón Alonso Ríos; actuación que fora cancelada o pasado día 9 por mor da folga educativa. Alumnado de 1º e 2º da ESO, asistiron a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que tiña coma fin contribuir á visibilidade da muller, concretamente, na cultura hip hop.

  • Publicado en Tomiño

Xornadas sobre saneamento e depuración de augas en Tomiño

Expertos de distintas universidades e doutros organismos relacionados coa depuración de augas participarán os días 22, 23 e 24 de novembro, nas I Xornadas de Saneamento e Depuración de Augas que se desenvolverán na Casa da Cultura de Tomiño, en horario de 20.00 a 22.00 horas.

  • Publicado en Tomiño

Charla sobre o cultivo da viña na Casa da Cultura de Tomiño

O vindeiro xoves, 14 de xullo, terá lugar na Casa da Cultura de Tomiño, a charla-coloquio “Factores clave en la viña”, a cargo de técnicos da empresa Agrosaúde. A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, comezará ás 20.30 horas.

  • Publicado en Tomiño

Redondela acolle un coloquio sobre a situación dos refuxiados en Europa

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza un coloquio sobre a situación dos refuxiados na Unión Europea. O acto, que terá lugar este martes 22 de marzo a partir das 20:00h na Casa da Cultura de Redondela, consistirá nun
coloquio coa portavoz do BNG no parlamento europeo, Ana Miranda, e o secretario xeral de Galiza Nova Alberte Mera.

Suscribirse a este canal RSS