Castros que podemos visitar no sur da provincia para coñecer a cultura galaica

Comezar cunha pequena aclaración, tan simple como que os castros era unha forma de hábitat característico da idade do ferro, e foron construídos por grande parte da antiga Europa, sobre todo no espazo que ocupou a cultura celta. Polo tanto chamarlle os castros galegos coa definición “cultura castrexa”, e un grande erro, posto que nas nosas terras habitaba un pobo recoñecido os cales seu nome eran “os Galaicos”, os nosos ancestros, polo que tal vez a definición máis correcta. facéndolle honra a eles, sería “cultura dos castros galaicos”.

As Neves denuncia a inactividade de Fomento no Coto de Altamira

O Concello de Arbo desenvolveu, en días pasados, un acto reivindicativo co que se quería chamar a atención sobre o que cualifican de “ inactividade do Ministerio de Fomento no Coto de Altamira”. Lembra o Concello nevense que Fomento ten asinado un convenio coa Deputación de Pontevedra un protocolo de actuación para a recuperación e posta en valor de 18 castros da provincia.

  • Publicado en As Neves

Deputación e Fomento pechan un preacordo que garante o cumprimento do programa dos castros

A Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento alcanzaron onte, en Madrid, un preacordo que permitirá o total desenvolvemento do programa de posta en valor dos castros da provincia e desbloquea a situación dos traballos que se están realizando nos xacementos da provincia. O protocolo, no que están integrados 18 castros de Pontevedra e que finalizaba no primeiro trimestre de 2017, será substituído por un convenio entre ambas as institucións que se asinará a principios do mes de xaneiro.

A Deputación paraliza o protocolo dos castros "ante o absoluto deixamento do Ministerio"

O goberno da Deputación de Pontevedra decidiu paralizar preventivamente o programa de posta en valor dos 18 castros da provincia integrados no Protocolo asinado en marzo de 2015 co Ministerio de Fomento, ante "a desidia do Goberno central" que ata o momento non executou nin unha soa das actuacións ás que se comprometeu no documento. A día de hoxe, a Deputación xa finalizou as escavacións nos castros do Trega (A Guarda), Alobre (Vilagarcía) e Mercado dous Mouros (Valga) e seguía traballando no xacemento da Lanzada (Sanxenxo), mentres a conservación e musealización que debe realizar o Ministerio nin sequera está contratada para ningún dos castros.

Carmela Silva aposta por unha ruta turística polos castros da provincia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polos deputados de turismo, cultura e emprego, Santos Héctor Rodríguez, Xosé Leal e Montse Magallanes, ademais do alcalde, Antonio Lomba, e outras autoridades do concello de A Guarda, presidiu a presentación ós medios dos traballos nos 18 xacementos da provincia dentro do protocolo co Ministerio de Fomento e apostou pola posta en marcha dunha ruta turística polos xacementos da provincia.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS