Salceda solicita á Xunta un Plan de Emprego que beneficiará a 100 persoas desempregadas

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou a súa confianza en que a Xunta "atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral".

O CDL do Torrón mergúllase nas redes sociais

O Centro de Desenvolvemento Local do Torrón vén de realizar unha importante aposta pola presenza nas redes sociais de cara a procurar todas as vías posibles para achegarse ós seus usuarios e permitir que estes poidan ter un maior acceso ás ferramentas que o CDL pon ao seu dispor tanto no referido a formación como a procura de emprego.

Suscribirse a este canal RSS