O Centro Cultural da Guarda, presume de iluminación ornamental

Dentro das actuacións de carácter estético de realce do patrimonio que desenvolve o Concello da Guarda, como por exemplo o pintado do espigón ou a rotonda de San Roque, esta semana realizáronse os traballos tendentes a dotar de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, unha construción indiana que ben merece luminarias que destaquen a súa arquitectura nas horas nocturnas, actuando na fachada principal e fachada oeste, así como nas escaleiras de acceso e a zona axardinada da parte posterior.

Arnoso da verde ao proxecto de renovación do Centro Cultural

A veciñanza da parroquia de Arnoso, no Concello de Ponteareas, vén de darlle luz verde ao proxecto de reforma da Casa Cultural e apoia a proposta do Goberno local. As obras serán financiadas, nunha parte, polos fondos europeos dentro da estratexia EDUSI 'Ponteareas, hábitat saudable' e noutra parte con fondos propios. A arquitecta responsable do proxecto, que conta con fondos para a súa financiación, presentou onte á veciñanza de Arnoso a proposta e solventou dúbidas.

O concello da Guarda dotará ao Centro Cultural de iluminación ornamental

Dentro das actuacións de carácter estético de realce do noso patrimonio, como por exemplo o pintado do espigón ou a rotonda de San Roque, O concello da Guarda adxudicou esta semana as obras de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, unha actuación que forma parte dentro das iniciativas que o Goberno local desenvolve de cara ao realce estético do patrimonio, como é o caso do pintado do espigón ou a glorieta de San Roque.

A Guarda conta con dúas mesas para a práctica do Xadréz ao aire libre

O Concello da Guarda ven de instalar recentemente dúas mesas de Xadréz cos seus respectivos asentos na parte posterior do edificio do Centro Cultural da vila, unhas instalacións que servirán para a práctica do Xadréz, ofertando ademais dun servizo de préstamo de fichas de Xadréz e Damas na recepción do Centro Cultural.

  • Publicado en A Guarda

A Guarda inaugura este martes a Exposición «Auga, o sangue da terra»

O vindeiro martes día 11 de decembro ás 20:00h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle a inauguración da Exposición «Auga, o sangue da terra», un proxecto de Manuel Valcárcel no que, como explica, "é un elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea. Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia".

  • Publicado en A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle, o venres, a proxección de «A cicatriz branca»

A mostra GalizAmérica, que se atopa na sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro sábado día 10 de novembro e compila materiais que dan conta do florecemento da cultura galega en América, compleméntase coa proxección do filme «A cicatriz branca» de Margarita Ledo, que terá lugar este venres día 9 de novembro ás 20:30 h no Centro Cultural guardés.

  • Publicado en A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle un espectáculo de teatro para bebés

O Sábado 29 de setembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño. A sesión terá lugar ás 18:00 h e é preciso retirar previamente as entradas no Centro Cultural en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h.

  • Publicado en A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle a exposición «Raíces Celtas en la Amazonía venezolana»

Ata o día 13 de setembro, o Centro Cultural da Guarda acolle a exposición «Raíces celtas en la Amazonía venezolana» composta por un total de 17 fotografías tomadas por Óscar Noya-Alarcón druante o seu traballo coma doutor na erradicación da oncocercosis, unha enfermidade que afecta a numerosas comunidades illadas da amazonía. A mostra foi inaugurada polo alcalde, Antonio Lomba, acompañado pola concelleira de Cultura, Elena Baz e Óscar Noya-Alarcón

Suscribirse a este canal RSS