Chapela énchese de boa música este sábado co «Berete Rock»

Comezou sendo a xuntanza dun grupo de amigos para poder gozar, en directo, da música que facía un membro da asociación. Debido ao éxito acadado, pasou a ser un escaparate para a promoción dos grupos locais. Hoxe, tan só oito anos despois, o Berete Rock é todo un referente na música e unha cita obrigada para os amantes do rock. Esa "xuntanza de amigos" converteuse nun Festival –en maiúsculas– polo que pasaron grupos da talla de Stoned at Pompeii, The Killer Barbies ou Aphonic.

A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

A Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un 'bebecontos' que ten a finalidade de esperar, entre os máis pequerrechos, o gusto pola palabra e polos libros. 

Regades e Caballero acompañan a Digna Rivas para explicar o proxecto socialista

As e os socialistas redondelás, coa candidata Digna Rivas á cabeza, mantiveron na noite de hoxe un encontro na Alameda de Chapela co secretario xeral provincial, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A candidata á alcaldía de Redondela quixo agradecer a presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, no percorrido realizado polas rúas de Chapela.

Xela Arias, inmortalizada na Biblioteca de Chapela

A biblioteca pública municipal de Chapela pasará a chamarse, dende o vindeiro luns, 22 de abril, 'Biblioteca Pública Municipal Xela Arias'. Deste xeito, Redondela inmortaliza a esta escritora, poetisa y traductora finada no ano 2003. A cerimonia terá lugar ás 17:00 h no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde se atopa situada a biblioteca de Chapela, distintas autoridades darán a coñecer a placa conmemorativa que asignará o nome de Xela Arias ao centro bibliotecario.

Xoán Carlos González, contradí a Javier Bas no financiamento da escola infantil de Chapela

O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González puntualizou hoxe as declaracións do alcalde de Redondela sobre o financiamento da Escola Ifantil de Chapela. González sinala que “dos 820.000 €, que afirma veñen recollidos nos orzamentos do Consorcio de Servizos Sociais, somente aparece o 50%”. Pola contra, sinala o concelleiro nacionalista, noutros concellos "vanse construír equipamentos similares, que chegan ao total do financiamento.

As obras do colexio de Chapela avanzan a bo ritmo

O alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou na mañá de hoxe as obras do colexio de Chapela acompañado polo colectivo de das nais e pais de Chapela e representantes do centro educativo. Tal e como puideron comprobar, a estrutura do colexio está moi avanzada, e xa se poden recoñecer as distintas estancias que conformarán o novo centro de Chapela. O remate das obras está previsto para o verán.

Avanzan a bo ritmo as obras da rúa Cubillón en Chapela

O alcalde de Redondela, Javier Bas, acompañado pola concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, visitaron esta semana as obras de reposición de servizos da rúa Cubillón, en Chapela, iniciadas hai unhas semanas. As obras, segundo o Concello de Redondela, marchan a bo ritmo e "xa se está actuando en varias rúas simultaneamente para avanzar mais nos traballos" explica o executivo local.

Suscribirse a este canal RSS