As Neves reclama un "cruce seguro" para Setados e "non prohibicións"

O alcalde das Neves asegurou estar "asombrado" logo de que a Consellería de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente colocase, sen dar aviso, un sinal que prohíbe o xiro no cruce da PO-400 co camiño que leva a Laxes, a A Igrexa e a maior parte da parroquia de Setados. Xosé Manuel Rodríguez Méndez lembra que hai tres anos que formulara á Xunta de Galicia a necesidade de que neste cruzamento se sitúe unha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’, dado o perigo do mesmo para vehículos e peóns.

  • Publicado en As Neves

Unidade Móbil de Inspección Técnica de Turismos na Guarda

A Unidade Móbil 6 de Inspección Técnica de Turismos desprazarase ao Concello da Guarda do 03/12/2018 ao 05/12/2018 e do 10/12/2018 ao 17/12/2018 na Estación de Servizo San Roque (A Guarda). O horario habitual de atención será de 9:00 h a 13:30 h e 15:15 h a 18:00 horas de luns a venres agás o 17/12/2018 que será horario só de mañá.

  • Publicado en A Guarda

Os socialistas de Ponteareas denuncian o "afan recadatorio" dos novos radares na N-120

O PSdeG-PSOE de Ponteareas vén de denunciar a instalación de novos radares de control de velocidade na N-120 instalados, sinalan os socialistas, "unicamente con fins recadatorios por parte do Goberno de Mariano Rajoy". As afirmacións, realizadas en medio dun enfrontamento aberto entre populares e socialistas ponteareáns con mutuas acusacións de "afan recadatorio", non deixan de ser certas se se ten en conta a ilóxica situación deste radar cando, de querer garantir a seguridade viaria, hay outra ducia de puntos na propia N-120 no que instalar estes aparellos malditos.

ACiP pide a modificación do imposto de Vehículos de Tracción Mecánica

O portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera anunciou a presentación, para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación, na que se solicita a modificación do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mécanica, o popularmente coñecido como Imposto de Circulación, para o municipio de Ponteareas. Segundo González Carrera a ordenanza "está obsoleta" ao non contemplar, entre outras cousas, exención dos denominados «vehículos históricos», dos híbridos ou dos eléctricos.

Nigrán continúa gañando en seguridade e accesibilidade

O centro de Nigrán é dende esta semana máis seguro e accesible. Un novo paso de peóns conecta á rúa dos Pazos (PO-3320) co torreiro de As Angustias engádese á reubicación dos do cruce coa Avenida Val Miñor (a escasos metros). Ambas actuacións, enmarcadas no programa municipal "Un Nigrán para todos", foron reclamadas reiteradamente dende as entidades veciñais e os comerciantes da zona durante anos, acadándose agora grazas a colaboración entre Concello e Xunta de Galicia, titular destas estradas.

  • Publicado en Nigrán

O PP do Porriño pide suprimir o acceso en dirección contraria ao garaxe Dovaz

O Partido Popular do Porriño anunciou a súa intención de incluír, no vindeiro Pleno da Corporación, unha moción esixindo "a inmediata anulación da autorización dada polo Goberno Municipal aos residentes do Edificio Dovaz para acceder en sentido contrario á circulación pola rúa Cando". Segundo sinalan os populares, o 2 de setembro deste ano, autorizouse mediante decreto da Alcaldía aos residentes do antedito edificio, "acceder ao garaxe do inmoble en sentido oposto ao regrado nesa rúa e, ademáis, establecía que o acceso autorizado se faría por medio de regulación semafórica".

Suscribirse a este canal RSS