Mos homenaxea a Juan Ferron e ao C.N. Mos pola excelente tempada

A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores/as mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Deportes, e membros da Corporación Municipal.

  • Publicado en Mos

Os deportistas mosenses seguen a colleitar medallas

A piscina ao aire libre de San Eleuteiro, na parroquia mosense de Tameiga, foi escenario na tarde de hoxe das recepcións ao Club de Natación Mos e a Heber Rodríguez Vaquero, nun acto presidido pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

  • Publicado en Mos

O Club de Natación Master Mos gaña o Campionato Galego de Inverno

A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego Master de Inverno, organizado pola Federación Galega de Natación e o Clube de Natación de Ponteareas, con mais de 260 participantes de entre 20 e 84 años, nunha categoría que aglutina nadadores veteranos e afeccionados. Un total de 19 clubs procedentes de toda Galicia competiron en catorce probas diferentes divididas en varias subcategorías.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS