A Anpa do CIP de Mondariz, farta da baixa calidade da comida do comedor

Non é a primeira vez que a Anpa 'Río Tea' do CIP de Mondariz, chama a atención sobre a baixa calidade da comida "que a Xunta de Galicia envía ao comedor escolar". Por desgraza, como acontece a meirande parte das veces, a administración fai ouvidos xordos a unha demandas máis que xustas e máis que xustificadas. Así que hoxe, a Anpa deciciu organizar unha especie de "ata aquí chegamos" e decidiron non enviar aos alumnos e alumnas ao comedor.

A Valedora do Pobo instará a solucionar a situación do comedor escolar

Tras a xuntanza mantida con Verónica Tourón e Gela Ledo, a Valedora do Pobo interesouse pola situación e comunicoulle que procederá á apertura dun expediente urxente para tratar coas administracións pertinentes a solución a este grave problema. Neste senso, solicitará á Xunta e ó Concello que lle trasladen a información que obre no seu poder sobre a situación, e instará a estas administracións a que se solucionen os problemas existentes para que se poida dar o servizo de comedor ós nenos e nenas de Salceda nunhas condicións axeitadas.

O PSdeG-Redondela denuncia que as bases dos comedores escolares non foron consultadas coa oposición

O grupo municipal do PSdeG-RedondelaRedondela vén de denunciar que as bases dos comedores escolares para o curso 2017-2018 "non foron consuladas cos partidos da oposición" e que, segundo os socialistas, nin tan sequera "o borrador das mesmas foi levado á Comisión de Benestar Soial". Lembra o PSOE redondelán que levan anos pedindo que as bases que regulan este servizo, sexan levadas á antedita Comisión "para facer un seguimento das mesmas e poder modificales segundo as demandas e necesidades da veciñanza".

Ponteareas ten arriada a bandeira da UE como protesta pola crise dos refuxiados

 O Concello de Ponteareas ten, dende hoxe, arridada a bandeira da Unión Europea que ondea do balcón da Casa do Concello, en sinal de protesta polo principio de acordo que os 28 xefes de Estado dos diferentes países que conforman o ente comunitario acadaron a semana pasada en Bruxelas sobre a denominada "crise dos refuxiados". A moción de urxencia presentada polo goberno contou cos votos a favor de todos os grupos municipais, agás o PP, que se abstivo.

Mos clausura os cursos Actívate de Acompañante de Transporte e Comedor Escolar

Un total de cincoenta mozos e mozas mosenses participaron nos cursos Actívate de Acompañante de Transporte e Comedor Escolar que se impartiron na Axencia de Colocación do Concello de Mos durante os meses de xuño e xullo. Os cursos foron clausurados pola concelleira de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro.

  • Publicado en Mos

Aberto o prazo de axudas para comedores escolares 2015-2016

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que dirixe Carmen Amoedo, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que xa están publicadas as bases reguladoras da convocatoria do programa de axudas de comedor escolar para o vindeiro curso 2015-2016. As solicitudes poden descargarse da páxina web do Concello e tamén se poden recoller persoalmente nas oficinas de Servizos Sociais de Redondela e Chapela. O prazo péchase o 19 de agosto.

Suscribirse a este canal RSS