Deputación, Mondariz Balneario e Amigos da Terra, acordan fomentar a compostaxe

“Mondariz Balneario ten moitas potencialidades e para nós é un sitio emblemático, un escaparate que nos permitirá estender a compostaxe entre o resto dos concellos”. Así de contundente o asegurou hoxe o vicepresidente César Mosquera na sinatura do convenio co Concello e coa asociación Amigos da Terra, onde subliñou que este municipio será dos primeiro do estado que tratará todos os seus biorresiduos –restos de comida e vexetais– mediante compostaxe (tanto en centros comunitarios ou en composteiros individuais) ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación.

A escola, un dos puntais do «Plan Revitaliza» de compostaxe

A escola, nenos e nenas e xente moza son un dos puntais do «Plan Revitaliza» de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Así o manifestaron hoxe a presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera na inauguración do II Congreso de Educación Ambiental sobre compostaxe para centros de ensino de Pontevedra que se celebrou esta mañá no Pazo da Cultura de Pontevedra e que reúne a máis de 350 escolares de Cambados, Vilaboa, Sanxenxo, Silleda, Pontevedra, Caldas e Gondomar. 

Compostaxe e Plan Revitaliza, protagonistas da «Semana da Ciencia» do Marcote-Cemar

A compostaxe e o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra protagonizou a «Semana da Ciencia» organizada polo Colexio Internacional Marcote Cemar de Mondariz Balneario. Dende o martes e ata hoxe venres uns 120 alumnos e alumnas do centro escolar realizaron obradoiros, xogos, charlas e visitas ao centro de compostaxe comunitaria (CCC) instalado na rúa Ramón Peinador, a escasos metros da escola, para coñecer da necesidade de xestionar os residuos de modo sustentable e como é o proceso de tratamento do lixo orgánico a través da compostaxe.

O curso de mestres e mestras composteiros, título propio da Universidade de Vigo

O curso de formación de mestras e mestres composteiros organizado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Revitaliza de compostaxe é xa un título propio da Universidade de Vigo. Así o confirmaron hoxe a presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera e o reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato no acto de benvida que se celebrou esta tarde nas instalacións da Cidade Infantil de Príncipe Felipe para os 30 estudantes deste novo ano académico.

Redondela aposta pola sustentabilidade e entrega 90 composteiros

O Concello de Redondela convocou aos 91 veciños e veciñas de todas as parroquias que estaban inscritos e interesados en facer compostaxe nas súas vivendas cos restos de orgánico que a diario se acumulan nos fogares para facerlles entrega dos composteiros e participar nunha charla explicativa sobre como facer compost, que cousas se deben e non se deben botar nun compostero, como se debe proceder para sacar un compos de calidade, localización máis adecuada e unha longa lista de consellos sobre esta actividade.

A compostaxe chega ao alumnado do IES Barral de Ponteareas da man da Deputación

Máis dun cento de rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º da ESO do IES Barral de Ponteareas están a poñerse ao día sobre compostaxe da man do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Grazas a varias charlas e obradoiros aprenderon da necesidade de xestionar os residuos de modo sustentable, facendo fincapé no proceso da compostaxe e do tratamento dos residuos orgánicos. Ademais, puxeron en marcha un composteiro individual para que no centro se poidan compostar todos os restos de comida e vexetais que se xeran.

Cinco empresas poxan polo subministro dos composteiros do Plan Revitaliza da Deputación

As máis importantes empresas especializadas en compostaxe do estado teñen a vista posta en Pontevedra. Dúas firmas catalanas ─ID Waste e Alquienvas─, dúas madrileñas ─Plastic Omnium e Barca Brand─ e unha navarra ─Vermican─ veñen de presentarse ao concurso da Deputación de Pontevedra para subministrar os 1.500 composteiros individuais de exterior que repartirá a institución provincial ao abeiro do Plan Revitaliza.

Suscribirse a este canal RSS