O Plan Compost Revitaliza da Deputación chega a Baiona

Baiona acolleu esta semana a campaña Plan Compost Revitaliza da Deputación de Pontevedra coa instalación dunha carpa nos barrios do Burgo e Os Tendais, onde persoal especializado ofreceu información sobre os beneficios da compostaxe e repartiu mostras para que os veciños poideran comprobar coas súas propias o aproveitamento da materia orgánica.

  • Publicado en Baiona

Mondariz será pioneiro na aplicación da compostaxe como sistema de xestión do lixo

O Concello de Mondariz será un dos primeiros de Galiza en aplicar a compostaxe como sistema de xestión do lixo. O vicepresidente Mosquera confirmou hoxe que a Deputación vén de concederlle unha subvención ao abeiro do «Plan Revitaliza» que permitirá ao goberno local contar cun Plan de Residuos específico para o municipio e unha axuda económica de 306.030,10 euros, o que supón o 89,56% do orzamento solicitado para adquirir composteiros individuais, colectivos e materiais complementarios.

O Concello de Salvaterra de Miño reparte unha nova remesa de composteiros

O Concello de Salvaterra de Miño vén de facer unha nova entrega de composteiros individuais dentro da liña que segue o departamento de Medio Ambiente de cara á concienciación veciñal sobre a reciclaxe e o sistema de recollida selectiva. O Goberno local de Salvaterra estuda, nestes momentos, a posibilidade de establecer un sistema de recollida de compost no casco urbano.

Charla sobre compostaxe en Nigrán

Mañá martes, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, a partir das 18:30 horas, un mini curso de compostaxe (de unha hora de duración aproximadamente) onde se lles explicará como facer compost e un especialista resolverá as súas dúbidas. A actividade chega a Nigrán a través do programa 'Compostaxe doméstica de Sogama'.

  • Publicado en Nigrán

Tui potencia a reciclaxe coa instalación de seis composteiros comunitarios

O concello de Tui vén de instalar seis composteiros comunitarios dentro do compromiso municipal de reducir drasticamente a porcentaxe de residuos. En concreto, os seis novos composteiros comunitarios, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, están situados no cruzamento entre a Avenida de Portugal e o camiño do Parador (xunto á gasolineira). O concello de Tui comprometeuse así a tratar mediante compostaxe o 75% dos biorresiduos (restos de comida, poda, vexetais...) xerados no municipio.

  • Publicado en Tui

O Multiusos da Xunqueira acolle, o mércores, unha charla sobre compostaxe

O vindeiro mércores 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar no Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a charla sobre a compostaxe, iniciativa que correrá a cargo de persoal da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), e na que os presentes, que con anterioridade se inscribiron nesta actividade, recibirán un composteiro.

Preto de 100.000 veciños da provincia beneficiaránse da compostaxe grazas ao Plan Revitaliza

Ata 100.000 veciñas e veciños da provincia beneficiaranse da compostaxe grazas ás novas subvencións do Plan Revitaliza. O vicepresidente César Mosquera así o asegurou hoxe na reunión que mantivo con alcaldes, concelleiros e técnicos para explicar as liñas de axuda da segunda fase do programa provincial que, para este ano, ascenden a 1.250.000 euros e permitirán aos concellos mercar composteiros individuais e comunitarios. Segundo indicou, “o obxectivo é que a mediados de 2017 boa parte da provincia aplique a compostaxe como sistema de xestión do lixo”.

Charlas sobre compostaxe comunitaria en Tomiño

Baixo o lema 'Participa na compostaxe comunitaria', a Concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continúa coa organización de charlas dirixidas a veciños e veciñas interesados en apuntarse a este programa que ten coma obxectivo, entre outros, reducir o volume de lixo co beneficio medioambiental e económico que ten para o municipio.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS