Nigrán amplia ata o 15 de xaneiro a inscrición no programa de composteiros comunitarios

O Concello de Nigrán anunciou a apliación, ata o de 15 de xaneiro, do prazo de inscrición para participar no programa provincial de compostaxe comunitaria levado a cabo pola Deputación e que consiste na instalación de unidades a tal efecto no punto limpo. Esta iniciativa permitirá aos usuarios depositar materia orgánica e recoller a cambio abono de alta calidade de xeito totalmente gratuito. Os composteiros comunitarios estarán á disposición dos veciños que se apunten e de locais de restauración, onde se xera gran cantidade de residuo idóneo, como sobras de comida, froitas e verduras, cascas de ovo, restos de café...

  • Publicado en Nigrán

Nigrán instalará composteiros comunitarios no Punto Limpo reafirmando a súa aposta pola reciclaxe

O Concello de Nigrán vén de reafirmar a aposta pola reciclaxe e o medio ambiente coa instalación de composteiros comunitarios abertos ao uso por parte de veciños e hostaleiros que a cambio de proporcionar matería orgnánica poderán recoller a cambio o abono producido de xeito gratuíto. As persoas interesadas en participar no proxecto terán ata o día 8 de xaneiro para anotarse.

  • Publicado en Nigrán

Redondela organiza unha charla sobre reciclaxe e compostaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, vén de organizar para mañá xoves, 10 de decembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura, unha charla sobre o Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela 2016-2020.

Salceda aposta pola compostaxe

O Concello de Salceda de Caselas vén de apostar por dar un paso mais na separación dos resíduos sólidos urbáns, cunha nova introdución de áreas de composteiros que serán situados en puntos estratéxicos da vila. O departamento de Medio Ambiente, que xestiona Carla Pérez, acolleuse ao Plan provincial da Deputación de Pontevedra de Compostaxe.

Suscribirse a este canal RSS