Compostaxe para os máis pequenos nos CRA de Tomiño

Máis de 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, das 13 aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés) de Tomiño, participan estas semanas nun proxecto de compostaxe organizado polo Concello co fin de que os máis pequenos se acheguen á compostaxe. A actividade inclúe uns obradoiros de compostaxe doméstica con fases teórico-prácticas, nas que os máis cativos/as van aprendendo, a través do xogo, contos e cancións, que é e como se leva a cabo o proceso.

  • Publicado en Tomiño

Escolares do CEP Altamira de Salceda, implícanse na compostaxe

O CEP Altamira de Salceda de Caselas está decidido a ter alumnos e alumnas expertos en compostaxe. Na xornada de onte e o vindeiro día 14 deste mes escolares de 6º de Primaria recibirán varias charlas informativas sobre como é o proceso polo que se produce o compost e tamén cales son os seus usos para fertilizar as prantas e o solo dos montes e dos xardíns.

Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica

O Concello de Oia continúa desenvolvendo a súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de xaneiro. O Concello anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

  • Publicado en Oia

A Guarda promove a utilización da compostaxe doméstica

O Concello da Guarda ven de adherirse un ano máis á Campaña promovida dende Sogama e a Xunta de Galicia para facilitar a compostaxe doméstica cunha nova entrega de 50 composteiros individuais entre a poboación. Deste xeito o Goberno que preside Antonio Lomba reafírmase na súa aposta pola compostaxe. Entre o ano 2014 e 2017 o Concello da Guarda ten entregado xa máis de 170 composteiros individuais o que fai neste ano 2018 un total de 220 composteiros.

  • Publicado en A Guarda

Ponteareas contará cun técnico para a compostaxe comunitaria

O Concello de Ponteareas contará cun mestre composteiro para xestionar a compostaxe comunitaria. A incorporación deste técnico realízase ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, —Ponteareas é un dos doce Concellos adheridos— e permitirá atender tanto aos centros de compostaxe comunitario actuais coma os que se ten previsto crear en vindeiros meses de cara a potenciar este servizo.

As neves poderá compostar todo o lixo orgánico da veciñanza a primeiros de 2019

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019. A distribución de 1.300 composteiros individuais e a instalación dos cinco centros de compostaxe comunitaria, permitirán que o Concello de As Neves sexa un dos primeiros da provincia ─xunto con Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove e Pontevedra─ e de todo o Estado que compostará todos os seus biorresiduos.

  • Publicado en As Neves

Novos composteiros da Deputación para Mondariz e Mondariz Balneario

A Deputación de Pontevedra procedeu o pasado venres e onte sábado, ao reparto de novos composteiros individuais nos nos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario, iniciativa que se desenvolvía ao abeiro do «Plan Revitaliza» co obxectivo de que toda a veciñanza dos dous municipios poida tratar os seus restos orgánicos (residuos de cociña e de xardín) mediante a compostaxe antes de finais de ano.

Mondariz, un dos primeiros concellos en aplicar a compostaxe para a xestión do lixo

A veciñanza de Mondariz respondeu con éxito ao primeiro reparto de composteiros individuais do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Na mañá de hoxe entregáronse 60 composteiros a outras tantas familias da vila, que os instalarán nas súas fincas para tratar os seus biorresiduos «in situ» en lugar de botalos no colector verde e contribuír así ao novo modelo de xestión de residuos que pretende implantar o Concello.

Suscribirse a este canal RSS