Carmela Silva, "a provincia temos que construíla entre todas e todos"

Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para seguir a transformar a provincia nestes catro anos e queremos que os concellos o compartan con nós e se corresponsabilicen”.

Silva aposta por converter a provincia “na máis innovadora, moderna e tecnolóxica do Estado”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, presentou esta mañá a alcaldesas e alcaldes e persoal técnico dos concellos da provincia os servizos tecnolóxicos que vai poñer en marcha, presta e ofrece a institución provincial aos municipios e que permitirá “converter á provincia de Pontevedra na máis innovadora, moderna e tecnolóxica de todo o Estado”.

Carmela Silva reúnese con alcaldesas e alcaldes dos 25 concellos que farán proxectos singulares

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto aos deputados David Regades e Xosé Leal, encabezaron a reunión cos 25 alcaldes e alcaldesas dos concellos de menos de 20.000 habitantes que se beneficiarán da nova liña de subvencións para investimentos en dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial, de cara a resolver dúbidas e informar sobre os pasos a seguir para que os concellos poidan dar cumprimento aos prazos marcados da convocatoria e, financiar os seus proxectos singulares.

A Deputación esixe aos concellos do PP que limpen as praias "de xeito inmediato"

As reiteradas denuncias dalgúns concellos do Partido Popular, sobre a "falta de colaboración" da Deputación de Pontevedra á hora de limpar os areais dos seus municipios, tivo hoxe unha máis que contundente resposta por parte da administración provincial que esixe, aos concellos do PP "que limpen as súas praias de xeito inmediato". Lembra a Deputación Provincial, que transferiu ás entidades municiais "47 millóns de euros para que prioricen as súas actuacións e ve un preocupante deixamento dalgúns concellos cara a tempara estival".

Suscribirse a este canal RSS